O PSOE gañaría as eleccións xerais e municipais e o BNG subiría en ambas, segundo unha enquisa do CIS

O socialismo mantense cunha estimación de voto do 32,8% en toda España, mentres que o PP baixa ao 26,8%, Unidas Podemos ao 8,7% e Vox ao 5,9%.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 04/11/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Unha macroenquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sobre tendencias de voto en municipais, dada a coñecer este venres, a sete meses dos comicios locais, sitúa o PSOE por diante de todos os demais partidos cunha vantaxe sobre o PP de tres puntos en xerais e de seis en municipais. Mentres tanto, o BNG subiría en apoios en ambas as citas coas urnas.

Arquivo - Sede do CIS. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Sede do CIS. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

En concreto, a estimación de voto nunhas eleccións xerais outorga ao PSOE unha porcentaxe de apoio da 32,9% fronte ao 29,5% do PP, o 11,5% de Unidas Podemos e un 9,3% de Vox.

En canto ao BNG, nunhas xerais obtería o 0,9% do voto válido emitido, tres décimas máis que o último barómetro do CIS publicado a comezos de outubro. Ademais, case duplicaría o resultado dos comicios estatais de novembro de 2019, nos que obtivo un escano no Congreso co 0,5%.

E nun escenario de eleccións municipais, o PSOE mantense cunha estimación de voto do 32,8% en toda España, mentres que o PP baixa ao 26,8%, Unidas Podemos ao 8,7% e Vox ao 5,9%, gañando forza outros partidos extraparlamentarios que sumarían o 9,4%.

Nos comicios locais, o BNG conseguiría o 1,3% dos votos emitidos en toda España --a macroenquisa do CIS non inclúe datos desagregados por comunicades, provincias ou concellos--, que implicaría sobre medio punto máis que nas municipais de maio de 2019, nas que obtivo o 0,83%.

O estudo baséase en 5.557 entrevistas telefónicas realizadas a electores de 1.488 municipios das 50 provincias, entre os días 11 e 26 de outubro. O traballo de campo arrincou a véspera da Festa Nacional e coincidiu co segundo debate entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo no Senado, e pechouse coa primeira xornada do debate de totalidade dos Orzamentos no Congreso.

Se mañá se celebrasen unhas eleccións xerais, hai un empate en voto directo entre PSOE e PP, pois un 22,9% adianta o seu apoio a Pedro Sánchez e un 22,6% a Alberto Núñez Feijóo. Máis lonxe quedan Unidas Podemos (8,4%), un 6,8% a Vox e só un 1% a Ciudadanos. Iso si, un 14,58% aínda non ten decidido o seu voto e un 5,9% prefire non responder. Só un 5,5% pensa en absterse.

Cos datos de toda a enquisa e o método de estimación de voto deseñado por José Félix Tezanos e Antonio Alaminos, o CIS eleva ao PSOE ata atribuírlle un apoio do 32,9%, moi similar a 32,7% que marcou no último barómetro e catro puntos por enriba do 28% que logrou nas xerais de 2019.

O PP queda a tres puntos (un menos que no barómetro de outubro) e marca unha estimación de voto do 29,5%, case un punto máis que na última enquisa ordinaria e nove puntos por encima do 20,5% que cultivou Pablo Casado nas últimas eleccións xerais.

UN TERZO VOTA NAS MUNICIPAIS PENSANDO NAS XERAIS

Á hora de decidir o seu voto nas locais, a metade sinala que o decide tendo en conta temas propios do municipio, aínda que o 31,9% confesa que lle dá máis importancia aos "temas xerais de España", e un 12% aos da comunidade autónoma. Ademais, a sondaxe pon de manifesto que á hora de elixir papeleta pesa máis o candidato á alcaldía (53,3%) que o partido (37,3%).

Respecto dos servizos que prestan os consistorios, o máis importante (cunha nota de 8,99) é a xestión da subministración de auga potable, seguido da protección da seguridade das mulleres (8,80) e a seguridade cidadá (8,69). Os servizos sociais e a recollida de lixos empatan cun 8,50 e xusto detrás figuran a limpeza de rúas (8,47) e o mantemento de espazos verdes (8,42). Pecha o ranking a promoción turística cun 6,89.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta