Galicia será o escenario de cinco proxectos innovadores para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro

Tres dos proxectos desenvolveranse nas cidades da Coruña, Ourense e Lugo

Por E.P. | A CORUÑA | 05/11/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou que Galicia sexa o escenario de cinco dos proxectos innovadores que apoiará o Executivo central para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro en distintos sectores da economía.

Segundo destaca a Delegación nun comunicado, trátase de iniciativas que foron seleccionadas na convocatoria 2021 de Proxectos de Redución de Emisións en territorio nacional das FES-CO2, para fomentar redución de emisións de gases de efecto invernadoiro no noso país.

Esta convocatoria xestiónaa o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), un órgano adscito á Secretaría de Estado de Medio Ambiente.

José Miñones destacou que tres dos proxectos desenvolveranse nas cidades da Coruña, Ourense e Lugo, onde se porá en marcha un sistema de calefacción e auga quente central a edificios residenciais alimentado con enerxías renovables. Este tres proxectos son promovidos pola empresa DH Eco Enerxías.

Nos edificios seleccionados, substituiranse as caldeiras de gas natural ou gasóleo por instalacións baseadas en enerxías renovables: caldeiras de biomasa, caldeiras de hidróxeno e a instalación de solar fotovoltaica combinada cun sistema innovador de almacenamento térmico de enerxía.

O Goberno tamén impulsará un proxecto de uso de biomasa como combustible no proceso de sistema de secado térmico de fibras vexetais para a elaboración de bioplásticos na provincia da Coruña. Este proxecto está impulsado pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa, Avebiom.

Finalmente, a resolución beneficiará a un proxecto de substitución de hidrofluorocarbonos (HFCS) por gases de menor impacto atmosférico en instalacións e establecementos comerciais da industria da alimentación, que se desenvolverá en parte na provincia da Coruña. Neste caso, o promotor é a consultora enerxética Lavola 1981.

Arquivo - Unha estufa de biomasa nunha vivenda. Arquivo. AVEBIOM - Arquivo
Arquivo - Unha estufa de biomasa nunha vivenda. Arquivo. AVEBIOM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta