Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 14:31
O expresidente do Parlamento Europeo e presidente da Fundación Yehudi Menuhin España, Enrique Barón, inaugurou na Coruña a exposición de Sofía Gandarias 'O Espectador', que a pintora dedicou a María Casares e Albert Camus.
A colección, instalada no Centro Ágora, consta de tres cadros. 'O Espectador II' e 'María Casares', doados en 2011, e a obra 'En bicicleta', cedida en 2022. Á cita celebrada este mércores, asistiu a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín.
"Estes cadros están onde deben estar, como dicía Sofía Gandarias, na cidade de Maria Casares, na Coruña". Con estas palabras comezou o expresidente e viúvo da artista, o seu discurso inaugural. "Sofía era vasca pero tiña unha certa paixón por mulleres galegas", engadiu.
Barón explicou que no tríptico exposto "está o recordo dunha María Casares moza e da súa historia compartida con Albert Camus", unha obra de arte que forma parte de "unha homenaxe que rende o Concello da Coruña a dous dos seus máis ilustres fillos, a María Casares e ao seu pai", Santiago Casares Quiroga, presidente da República en 1936.
A alcadesa, na súa intervención, recalcou que "sen cultura non hai avances e sen memoria non hai igualdade e construír unha cidade mellor é facelo tamén desde cimentos morais e culturais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.