Visita gratis os museos científicos da Coruña

Será só entre o 14 ao 20 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/11/2022 | Actualizada ás 21:46

Comparte esta noticia

Os tres museos científicos da Coruña poderán visitarse de forma gratuíta do 14 ao 20 de novembro con motivo da celebración da Semana da Ciencia, segundo informa o consistorio.

Para acceder ao Aquarium Finisterrae será necesario realizar reserva previa, mentres que para a visita á Casa das Ciencias e á Domus a entrada será libre sempre que a capacidade non estea completa.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de tres días de antelación. A reserva poderá facerse a partir deste venres, 11 de novembro. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o necesitan.

Un congro móvese a ritmo de jazz no Aquarium Finisterrae da Coruña
Un congro móvese a ritmo de jazz no Aquarium Finisterrae da Coruña | Fonte: Óscar Bouzas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta