Denuncian a vertedura de xurros "a menos de 5 metros" do río Arnoia

Sinalan que en días de choivas como se están producindo ultimamente botar purín “neste campo labrado enchoupado pegado o río non ten sentido ningún, é unha barbaridade”.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Os veciños e veciñas de Acea de Meire, en Allariz, denuncian que o pasado luns, 14 de novembro, un tractor estaba a botar xurros a menos de 5 metros do río Arnoia. Ademais, comentan que isto non é a primeira vez que pasa e que “non é para nada bo nin para a vida do río nin das persoas que aquí habitamos”.

Baleirado de xurros a cano libre
Baleirado de xurros a cano libre | Fonte: Cedida

Ademais, tamén sinalan que en días de choivas como se están producindo ultimamente botar purín “neste campo labrado enchoupado pegado o río non ten sentido ningún, é unha barbaridade”.

Sinalan que os xurros van a ir directamente por escorrenta ao río chegando a captación de augas de Allariz e Taboadela, a menos de 400 metros rio abaixo. “A auga contaminada é moi difícil de depurar, e agora ...que bebemos?”, pregúntanse os veciños nun comunicado.

Así mesmo, denuncian que, dado a abundancia de gando que hai na zona, non se xestionan este residuos de xeito limpo e eficiente habilitando un dixestor para a produción de biogas que recolla todos os xurros que contaminan. “É un atraso inconcibible e inxustificable”, finalizan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta