Un xulgado de Madrid acorda o personamento de Sada e a Xunta no preito polos bens de Meirás

A vista das medidas cautelares sobre os que reclama o Estado será o 25 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/11/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 70 de Madrid acordou o personamento do Concello de Sada na demanda civil interposta pola Avogacía do Estado en relación cos bens mobles do Pazo de Meirás, que reclama, un total de 564.

Acepta así a solicitude de personamiento presentada pola representación do Concello de Sada o pasado 5 de outubro, segundo informou o consistorio. Tamén explica que no devandito auto se acorda o personamento da Xunta de Galicia, que o solicitou tamén.

No caso do Concello de Sada, considérase probado e acreditado o "interese directo e xurídico", tanto en base ás súas competencias urbanísticas como nas que ten en relación cos bens de dominio público sitos no seu termo municipal. O auto rexeita as alegacións da familia Franco, que presentaran escrito de oposición.

O letrado do Concello de Sada, avanza o consistorio, estará presente na vista de medidas cautelares fixado para o día 25 de novembro, "defendendo e apoiando as medidas solicitadas pola Avogacía do Estado, para os efectos de impedir a retirada dos bens mobles do pazo que son obxecto da demanda do Estado".

"Sada foi a primeira administración en solicitar no seu momento o personamento no proceso que tivo lugar na Coruña e tamén foi agora a primeira en facer o propio en Madrid". "Sada estivo, está e debe seguir estando presente alí onde se defenda a integridade patrimonial do Pazo de Meirás. Non só en defensa dun Ben de Integridade Cultural senón tamén da memoria democrática e do interese xeral da cidadanía de Sada", afirma o alcalde, Benito Portela.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta