Por Galicia Confidencial | Verín | 17/11/2022 | Actualizada ás 09:00
Esta acción é posible grazas ao investimento de 28.849,50 euros do que 22.118,32 euros son financiados polos fondos comunitarios derivados do Feder nun 80 por cento, sendo o importe restante de carácter municipal. Desta forma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético.
En total implementáronse un total de 88 módulos fotovoltaicos que achegan unha potencia instalada de 0,02992 MW. Isto supón unha redución anual estimada de emisión de gases de efecto invernadoiro de 15,794 toneladas CO2/ano.
"Esta nova acción contribúe, do mesmo xeito que o plan municipal de renovación e mellora da iluminación pública, a reducir considerablemente a factura eléctrica municipal, facendo tamén que diminúa notablemente a emisión de gases que crean o efecto invernadoiro", destacou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.