Rueda acusa o Goberno de "improvisar" cos desvíos da A-6

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusou este venres ao Goberno central de "improvisar" cos desvíos da A-6 e pediulle que "se aclare".

Así o dixo despois de que o Executivo central anunciase este xoves un novo desvío para o tráfico á meseta afectado polo afundimento do viaduto de O Castro, o terceiro, que será á altura de Doncos.

"O que lle pediría ao Goberno é que se aclare, porque parece unha improvisación continúa. Os transportistas dixéronlle onte ao secretario de Infraestructuras que non valía a proposta do desvío pola N-120 e agora fan outra. Isto hai que expolo cunha mínima seriedade e non estar improvisando continuamente", afeou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta