Piden entre 4 e 11 anos de cárcere para os compoñentes dunha banda que introducía droga en Pontevedra

Por E.P. | VIGO | 19/11/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará a partir deste luns, 21 de novembro, e ata o vindeiro venres, día 25, ao once compoñentes dunha banda que se dedicaba a introducir droga na provincia de Pontevedra.

Por iso, Fiscalía pide para os procesados entre 4 e 11 anos de cárcere, ademais de multas económicas que oscilan entre os 100.000 e os 600.000 euros pola suposta comisión de varios delitos contra a saúde pública.

Tal como recolle o Ministerio Fiscal no seu escrito de acusación, os feitos remóntanse a 2016, cando cinco dos acusados realizaban unha actividade sostida e entre todos estruturada con encomenda de tarefas particularizadas a cada un deles para o coidado e explotación de distintas plantacións de cannabis, atopándose na investigación case 500 plantas en diferentes naves.

Droga intervida nunha operación policial. POLICÍA NACIONAL
Droga intervida nunha operación policial. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta