Atopan a un estibador morto no Porto da Coruña

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/11/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un estibador foi achado morto este domingo no peirao de San Diego, no Porto da Coruña, segundo informou o Servizo do 112 Galicia.

Detallan que, polo momento, as forzas da orde traballan para aclarar o ocorrido. O 112 recibiu o aviso ao redor das 9,30 horas, cando o persoal do Porto da Coruña solicita unha ambulancia do 061 para asistir a un estibador ao que un compañeiro atopara tendido no chan.

Desde o servizo deuse aviso aos servizos sanitarios, á Policía Nacional, á Garda Civil e á Autoridade Portuaria da Coruña.

Barcos pesqueiros amarrados no porto da Coruña
Barcos pesqueiros amarrados no porto da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta