O temporal obriga a desviar voos dos tres aeroportos galegos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2022 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

O temporal de vento que afecta a Galicia obrigou a desviar nas últimas horas voos desde os tres aeroportos galegos. O máis prexudicado foi o de Vigo, con tres enlaces afectados.

En concreto, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, os dous últimos voos que chegaban este domingo desde a capital española ao aeroporto de Peinador non puideron aterrar polo vento e tiveron que regresar a Madrid. Esta mañá, outra ligazón, desde Barcelona, tivo que tomar terra en Santiago.

Pola súa banda, no aeroporto Rosalía de Castro da capital galega non puido tomar terra este domingo un voo procedente de Amsterdam, que se desviou a Barcelona; e no da Coruña desviouse a primeira ligazón procedente de Madrid, que aterrou en Compostela.

Como consecuencia destes desvíos, víronse afectados as ligazóns de regreso correspondentes , aínda que Aena lembrou que é responsabilidade das compañías aéreas ofrecer alternativas aos pasaxeiros.

Aeroporto de Santiago de Compostela / Arquivo / Europa Press
Aeroporto de Santiago de Compostela / Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta