Forga acusa a La Voz de Galicia de “enmerdar” coas informacións sobre a Operación Zeta

Denuncia que o xornal coruñés “mestura intencionadamente” a xestión da Forga coas irregularidades desta trama de corrupción e anuncia que o seu padroado se reunirá para “tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da fundación”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

“Infórmate sobre que hai de verdade e que hai de intoxicación na nova publicada”. Así comeza unha  mensaxe que o Forga, a fundación de formación vinculada á CIG, lle remitiu a numerosas persoas vía correo electrónico durante este martes.

Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia
Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia

Esta entidade critica duramente unha información publicada por La Voz de Galicia na que apunta  que en 5 cursos realizados en 2010 tivo 32 anomalías (gastos que no se corresponden co período de impartición ou sen relación algunha coa actividade, aluqueiro de instalacións ao propio sindicato...). 

“Non é a primeira vez que este medio de comunicación se presta a facer o xogo a quen lle insufla inxentes cantidades de financiamento, publicando medias verdades, revoltas con falsidades, co obxecto de despistar a atención pública das irregularidades cometidas por aqueles que os patrocinan; como acontece no caso que nos ocupa”, apunta o Forga en relación a relación que mantén o xornal coruñés coa Xunta, a quen nos últimos anos ten destinado millóns de euros.

Así, critica que este medio “mesture” as anomalías administrativas, detectadas polo Consello de Contas na xestión de diversos cursos, coas imputacións penais realizadas aos encausados na operación Zeta. “Isto non pode ser cualificado mais que de operación de enmerdamento de todo o que se move, dirixida a distraer, tender cortiñas de fume e lavar a cara aos protagonistas da trama zeta, que curiosamente manteñen fondas relacións co Partido Popular”, engade.

Neste sentido, esta entidade suliña que as anomalías detectadas polo Consello de Contas de Galicia na súa fiscalización de subvencións, poden ir dende a ausencia na porta dunha aula do cartaz do Fondo Social Europeo, deica a discrepancia sobre a interpretación das normas da convocatoria. “Tais anomalías son puramente administrativas e, como en calquera outra actividade, tras a súa detección procédese a corrixilas ou a impugnalas, no suposto de desconformidade”, engade. 

En todo caso, insiste que se o Consello de Contas advertise algún tipo de indicio de responsabilidade tería que dar traslado ás partes e ao Tribunal de Contas, “cuestión que non se fixo”, puntualiza. 

Por iso, insiste en que La Voz de Galicia pretende “enmascarar e confundir”. Así, na súa web, esta entidade publica 3 documentos que, di, “revelan a intencionalidade da noticia do xornal coruñés que, de certo, será analizada polo Padroado da forGA, co obxecto de tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da nosa fundación”. Ademais, anuncia que, nos próximos días, informará sobre as decisións que tome o Padroado da fundación en defensa dos seus intereses.

Nos últimos días, La Voz de Galicia ven informando das tramas da Operación Zeta pero sen desvelar ningunha parte do sumario, contrariamente ao que ten feito con outros casos, a pesares de dispoñer dos tomos, como se desprende de varias informacións que ten publicado. Ademais ten entrevistado a destacados dirixentes da Xunta e do PPdeG, como a conselleira Beatriz Mato, na que se exculpaban do acontecido.

No sumario, e tal e como ten desvelado GC en varias informacións, hai unha relación directa entre os principais implicados da trama e destacados dirixentes  do PP da Coruña (onde ten a sede o xornal de Santiago Rey), entre eles, Beatriz Mato, o rexedor desta cidade, Carlos Negreira; o ou presidente do Consello do Estado, Romay Beccaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

8 parrachin

Canto é a envexa!!!! venga a criticar que a criticar a la UPGH, que bueno lo de 'anomalías puramente administrativas' que sí, y lo que bien lo van a pasar en la fiscalía. A ver, patrimonio de la CIG. AMES - Nave 620 m2 Valor Catastral 143450 CEE - Local 146 m2 Valor Catastral 44000 FERROL - Oficina 380 m2 Valor Catastral 185000 NOIA - Oficina 64 m2 Valor Catastral 18000 AS PONTES - Nave 2140 m2 Valor Catastral 890000 CANGAS Oficinas 210 m2 Valor Catastral 50000 VIGO Oficinas 3040 m2 Valor Catastral 935000 VIGO Naves 2740 m2 Valor Catastral 642000 NARON Nave 1210 m2 Valor Catastral 420000 PONTECALDELAS Nave 1420 m2 Valor Catastal 310000 OLEIROS Oficinas (antigo colexio) 1660 m2 Valor Catastral 487000 A GARDA Oficinas 140 m2 Valor Catastral 28000 Se non convence a ninguén, en outro capítulo indicamos, contas, imposicions, preferentes......ou ben gastos, salarios, dietas, sobresoldos

1 PPPSOE

Nin Feijóo fala tan mal galego, deberías ir á escola ou saíres do teu círculo de pablemos e falares con alguén do país para aprenderes, porque dá noxo esa mestura tan trapalleira. Supoño que é esa nova moda estranxeira perroflauta new age de vires aquí e falar castellano bilingüe dese que tanto lle gusta aos patriotas expañoles con coleta.

2 noxo de vendidos

Sendo así, sumando, chegamos a conclusión de que os administradores da fortuna da CIG son uns privilexiados, unha clase ou casta sindical montada sobre os operarios, explotadora dos traballadores e expoliadora dos cartos públicos cos que acumularon riqueza, bens empregados para beneficio da casta sindical (dirixentes da UPG e liberados). Máis podres que o Partido Podre, polo menos no PP non venden a moto de que son de esquerdas, marxistas e leninistas. A todo porco lle chega o seu San Martiño, os sindicatos do sistema (UGT, CC. OO., USO e CIG) son parte do problema da corupción. Tan amancebados co poder político e coas organizacións de vampiros empresariais. Hai que desparasitar!

3 Pppunteiro

O PPPSOE dos 3 punteiros vai desencamiñad@ pegando coa lingua mestrescola aos analfadatos rexistrais da propriedade catastrais de ágrafo e curmao cainita na veciñanza difamatoria. A pedagoxía do punteiro non da no branco nen no preto, señorit@!

4 PPPSOE

Abonda con ver as arrobas para nos decatar do que eres, un perroflauta que non sabe nin escribir.

5 Ti o punteiro eu a flauta

O do canflauta ven sendo marca rexistrada do PP e da extrema dereita española. Coido que non tes medo da demanda como o PP non a ten das demandas de FORGA, estades protexidos pola zafiedade pedagóxica das clases medias provincianas (terra para os colonizados e a moita honra). A ignorancia é moito ousada, profe.

7 Introducción a Podemos

Curso rápido para deixar de ser unha lercha de provincias e incorporarse á modernidade, como paso previo a ser admitidos en Podemos:1Deixar GC e pasar a Público 2Ver o siguiente video "Lerchas Maduras" vimeo.com/42883265 antes das comidas.

1 PPPSOE

Grupiño progresista escrebendo en castellano e metendo un "lercha" polo medio para aparentar que lles importa algo Galiza. No fondo Pablemos (nova forza patrocinada polo sistema) vainos facer un favor atraendo o nacionalismo madrileño destes grupiños e deixando limpa a esquerda nacionalista galega, que volvera recuperar o camiño e a seriedade que nunca debeu perder.

2 Riome da túa seriedade

A seriedade dos cursos do Forga, dos cheques de Vendex, dos concelleiros que reciben regalos, do que lle tocou a loteria, do Bazarra -alto cargo no bipartito- traballando para Dorribo, dos negocios de Gayoso en Massó de Cangas, de Carrumeiro Media, dos amigos dos Tojeiro (Reganoxo), de Lence (grupo lácteo arredor de Leche Río) ou do mafioso Martínez Nuñez (canteira ilegal da Campa no Courel que deixastes seguir), do eurodeputado Camilo Nogueira na Sicav de Luxemburgo, de Quintana xubilado por San José, do Beiras e Camilo de ganchete con Amancio Ortega declarado fillo predilecto da Coruña co voso voto, do voso voto que colocou de alcalde a Caballero, Orozco e os honrados de Ourense...

3 PPPSOE

Podías comezar por dicir canto cobra o coletas por percorrer as televisións do sistema como se fose Belén Esteban. Sen embargo, ao BNG prohibíronlle os anuncios de TV na última campaña electoral. Ben se ve quen é caste e quen molesta ao sistema que saia elixido. Nacionalismo madrileño, non, grazas.

6 Toxicomaníadixitalis

Os intocabeis non teñen resposta da "casta" dos liberados da CIG, tan recurridos nestes foros de GC dada a versión fortemente tóxica da dixitalis, mais mermada de público coas estampidas eleitorais de AGE-PCE-ANOVA(FPGAS liquado CANGAS DF), que fican mirando para Podemos, como o can de Castelao, no exilio estremeño, miraba para o bar agardando polo mendrugo. Se vos apuntades a un curso o mesmo chegades a ler os 3 documentos ao que fai referencia FORGA, pero niguen vos paga as gafas da presbicia, e lerchear, coma sempre, é mais entretido.

5 A Honorable Casta Sindical

O PP engraxa a La Voz, o mesmo que fai Forga cos centos e anuncios publicados no xornal da burguesía coruñesista. O mesmo que fai o BNG no poder e na oposición, pois o dono do sindicato e da fronte é o mesmo: a UPG mantén La Voz de su Amo. E agora que publican o que todo o mundo sabe dos cursiños dos sindicatos, dos mantidos e liberados sindicais e das caixas B da financiación dos chiringuitos, os amos da CIG queren matar ao mensaseiro que tanto acariñaron, será que non teñen argumentos para desmentir a información? A honra dos sindicatos perdida pola prensa amiga, permitan que me ria!

4 Escindámonos

Eu de ser da casta sindical da CIG botaríame a temblar, ahora PODEMOS tamén ten o seu sindicato.