Forga acusa a La Voz de Galicia de “enmerdar” coas informacións sobre a Operación Zeta

Denuncia que o xornal coruñés “mestura intencionadamente” a xestión da Forga coas irregularidades desta trama de corrupción e anuncia que o seu padroado se reunirá para “tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da fundación”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

“Infórmate sobre que hai de verdade e que hai de intoxicación na nova publicada”. Así comeza unha  mensaxe que o Forga, a fundación de formación vinculada á CIG, lle remitiu a numerosas persoas vía correo electrónico durante este martes.

Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia
Pantallazo da web do Forga no que se alude directamente ás manipulacións de La Voz de Galicia

Esta entidade critica duramente unha información publicada por La Voz de Galicia na que apunta  que en 5 cursos realizados en 2010 tivo 32 anomalías (gastos que no se corresponden co período de impartición ou sen relación algunha coa actividade, aluqueiro de instalacións ao propio sindicato...). 

“Non é a primeira vez que este medio de comunicación se presta a facer o xogo a quen lle insufla inxentes cantidades de financiamento, publicando medias verdades, revoltas con falsidades, co obxecto de despistar a atención pública das irregularidades cometidas por aqueles que os patrocinan; como acontece no caso que nos ocupa”, apunta o Forga en relación a relación que mantén o xornal coruñés coa Xunta, a quen nos últimos anos ten destinado millóns de euros.

Así, critica que este medio “mesture” as anomalías administrativas, detectadas polo Consello de Contas na xestión de diversos cursos, coas imputacións penais realizadas aos encausados na operación Zeta. “Isto non pode ser cualificado mais que de operación de enmerdamento de todo o que se move, dirixida a distraer, tender cortiñas de fume e lavar a cara aos protagonistas da trama zeta, que curiosamente manteñen fondas relacións co Partido Popular”, engade.

Neste sentido, esta entidade suliña que as anomalías detectadas polo Consello de Contas de Galicia na súa fiscalización de subvencións, poden ir dende a ausencia na porta dunha aula do cartaz do Fondo Social Europeo, deica a discrepancia sobre a interpretación das normas da convocatoria. “Tais anomalías son puramente administrativas e, como en calquera outra actividade, tras a súa detección procédese a corrixilas ou a impugnalas, no suposto de desconformidade”, engade. 

En todo caso, insiste que se o Consello de Contas advertise algún tipo de indicio de responsabilidade tería que dar traslado ás partes e ao Tribunal de Contas, “cuestión que non se fixo”, puntualiza. 

Por iso, insiste en que La Voz de Galicia pretende “enmascarar e confundir”. Así, na súa web, esta entidade publica 3 documentos que, di, “revelan a intencionalidade da noticia do xornal coruñés que, de certo, será analizada polo Padroado da forGA, co obxecto de tomar as medidas precisas en defensa da honorabilidade da nosa fundación”. Ademais, anuncia que, nos próximos días, informará sobre as decisións que tome o Padroado da fundación en defensa dos seus intereses.

Nos últimos días, La Voz de Galicia ven informando das tramas da Operación Zeta pero sen desvelar ningunha parte do sumario, contrariamente ao que ten feito con outros casos, a pesares de dispoñer dos tomos, como se desprende de varias informacións que ten publicado. Ademais ten entrevistado a destacados dirixentes da Xunta e do PPdeG, como a conselleira Beatriz Mato, na que se exculpaban do acontecido.

No sumario, e tal e como ten desvelado GC en varias informacións, hai unha relación directa entre os principais implicados da trama e destacados dirixentes  do PP da Coruña (onde ten a sede o xornal de Santiago Rey), entre eles, Beatriz Mato, o rexedor desta cidade, Carlos Negreira; o ou presidente do Consello do Estado, Romay Beccaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

3 sindicatos de mantidos

A corrupcion xeralizada ten orixe nos emprresarios, entraron a saco todos os partidos e, necesariamente, contaron coa complicidade dos sindicatos de vendidos. Non levarian tantos anos nin chegarian a todos os lugares sen que os diferentes chiringuitos merendaran a conta do publico. Todos o sabian, todos colaboraban, todos participaban. Que explique a CIG o valor dos cursos de cata de viños, de fotografia ou de ingles de viaxe para os traballadores, ou a contratacion a Forga que logo subcontrata con tereceiros, ou o aluguer que de novo entraba na CIG... Xa sabemos que La Voz ten amo, pero iso non quita que os sindicatos teñan parasitos corruptos con carnet do Partido (e agora que veña o liberado a dicer "la culpa es de la UPG" para despistar).

1 SABIO

E non so iso, senón que diñeiro da FORGA foi desviado a unha organización política "afín"

2 SABIO

Os da FORGA estades mellor caladiños non vaia ser que a algúns nos dea por largar

1 listo

vaia un amigo dos corruptos do pp non si sabi que eres un enchufado ti tamen quewn te enchufo fraga feijoneta que ben vivides co pp os enchufados a pena e que non vos pillan que si non alguns estariades na cadea

2 Ama

Pois vai corriendo o xulgados que as días pecha!

1 Fanni Kaplán

Mais tamén alguén enmerdou na FORGA. Unha entidade onde, profesores liberados pola UPG, non daban as aulas que tiñan que dar, e pola contra repartían salarios e liberacións para camaradas do seu partido marxista leninista. Claro, os cartos viñan do Estado opresor e colonial. E xa que logo, públicos. Mais caían nas mans de quen caían. O FORGA foi toda unha enchenta para a UPG.