Sadamaioría insiste en que a moción do 18 de novembro é "un acto de transfuguismo"

Esixirá no pleno municipal o cumprimento da lei para os concelleiros e concelleiras non adscritos "que tentan gobernar Sada por encima da vontade cidadá"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/11/2022 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Sadamaioría esixirá no pleno municipal o cumprimento da lei para os concelleiros e concelleiras non adscritos "que tentan gobernar Sada por encima da vontade cidadá", sinala sobre a moción de censura ao exalcalde desta formación, Benito Portela, e pola que a exedil de Alternativa dos Veciños, María Nogareda, asumiu a Alcaldía.

Nun comunicado, informa da presentación dunha moción para o debate no próximo pleno municipal co obxectivo de que se adopten "as medidas orgánicas executivas oportunas, tanto en relación coa toma de coñecemento da condición de non adscritos das persoas expulsadas das súas organizacións e da supresión de grupos municipais".

"Así como do non nomeamento ou cesamento das devanditas persoas na condición de membros da Xunta de Goberno Local e as concellarías-delegadas", engade.

A moción fai referencia ao disposto no artigo 73.3 da Lei de Bases de Réxime Local que estipula, entre outras, que "os dereitos económicos e políticos dos membros non adscritos non poderán ser superiores aos que lles correspondesen de permaneceren no grupo de orixe, e exerceranse na forma que determine o reglamento orgánico de cada corporación".

Por outra banda, a moción expresa o seu apoio ao Pacto Antitransfuguismo de xullo de 1998, así como ás súas adendas posteriores de setembro de 2000, maio de 2006 e novembro de 2020.

Sadamaioría reitera que a moción do pasado 18 de novembro é "un acto de transfuguismo" e engade que "así o debe considerar o pleno municipal". Tamén insta á Alcaldía a dar traslado deste acordo á comisión de seguemento do pacto pola estabilidade institucional e loita contra o transfuguismo político.

Pleno da moción de censura en Sada
Pleno da moción de censura en Sada | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 A Nosa Horta

Anton e uro debian aproveitar esta ocasion unica de extinguir o bipartidismo e darlle continuidade a o proxecto de Beni , e o noso momento