O PP demanda informes sobre o viaduto do Castro e tamén sobre o da Valenzá e O Manzanal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2022 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Deputados galegos do PP no Congreso volveron a solicitar a comparecencia da ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e da secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, para que informe sobre as causas do colapso do viaduto da A-6 de O Castro e as previsións para a súa reparación.

A través dun comunicado, os populares insisten en que esta vía é "esencial" para conectar Galicia e Castela e León", polo que urxen non só a que se restableza unha vez coñecidas as conclusións preliminares sobre a súa caída o pasado mes de xuño, senón tamén que tanto Sánchez como Pardo de Vera dean explicacións na Comisión de Transportes da Cámara Baixa.

Ademais, os catro deputados que asinan a iniciativa (Celso Delgado, Jaime de Olano, Joaquín García e Ana Vázquez) solicitan ao Ministerio informes e documentos relativos a este colapso, entre eles os informes de inspección periódica do viaduto dende o 1 de xaneiro do 2000 ata marzo de 2021.

Tamén piden o informe de inspección especial que se fixo en abril de 2021, que fixo aflorar a deterioración dos cables, así como o expediente de declaración de emerxencias das obras, os contratos coas empresas, a memoria e o orzamento das obras de reparación, e as avaliacións realizadas sobre outros viadutos como o da Valenzá e A Arnoia, na A-52, e de O Manzanal, tamén na A-6.

Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro
Guindastres traballan durante o desmonte das pilas 1 e 2 do viaduto de O Castro | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta