Unha batalla que chega a Galicia

Os problemas que tivo o PP para pechar as listas e que remataron co anuncio de Gallardón de deixar este partido tamén chegaron a Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/01/2008 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

33 Bule bule

A xenta da rúa lle importa mais ben pouco que a situación económica sexa a mesma en USA ou en Nepal. A xente da rúa, vai o mercado e ve a leite un 30 % mais cara, ou que a barra de pan custe agora 5-10 céntimos mais.
Tes toda a razón cando dis que a xente e unha irresponsable, pero eu iría máis lonxe. A xente está idiotizada. Hai dez anos, unha suba de 10 céntimos (17 pesetas!!) no prezo do pan, faría que a xente queimara o goberno. E agora que pasa??NADA. A xente está cobrando o mesmo que hai 10-15 anos. O nivel de vida, Óscar, canto subiu nese tempo?? Os sindicatos que fan?? Por menos se montaron folgas xerais neste país. Ti cres que non hai crise?? Para Botín seguro que non. ¿A min que me importa que a economía crezca un 3 %, se estou perdendo poder adquisitivo cada ano que pasa?? Neste país hai moitísima xente que está a cobrar 700-800 euros ó mes. Iso Óscar, non chega a nada.
Non estou de acordo contigo, de que o goberno non ten a culpa. Senón...para que se necesita un goberno?? Non pode quedarse cruzado de brazos a dicir "a mi no me mires". E moita xente o está a mirar o goberno e o goberno se encolle os hombros.
O alcalduchiño patético de Vigo pódelle da-lo PP soamentes en Vigo 80.000 votos. Mentres que o PSOE dubido que chegue a 50.000. Se te parece pouco, dígoche que Touriñín esta gobernando pola baixada do PP en Vigo que lles fixo baixar 2 deputados. Moito terá que traballar o PSOE en vigo para contrarrestar ó alcalducho patético.
Certo que tiñan maioría absoluta no 1991. Pero polos pelos (176 deputados). E case chorando por que o deputado nº 176 o conseguiron despois de que recontaran unhas papeletas non me acordo onde, no ano 1989. E estaban en baixada, por que no 1993 conseguiu cantos deputados Óscar?? 168?? De ahí a case os 190 deputados, que lle das mira a diferencia. E aínda por riba un 47 % de intención de voto. En cantas autonomías conseguirá esa porcentaxe o PSOE, Óscar?? Extremadura, e Castilla la Mancha. E para de contar. En cantas autonomías o PP conseguirá máis do 45 %?? Madrid, Valencia, Baleares, Murcia, Navarra, Castilla-león. Non sei de onde sacas eses porcentaxes ti.

32 Oscar

O da economía que ti dis é verdade, pódelle perxudicar ao PSOE, pero non é para tanto, nin a crise nin a factura que lle pode pasar ao PSOE. Pero confío na xente culta que non cairá no populismo do PP que lle bota a culpa da crisis que non existe ao PSOE.
Hoxe mesmo, baixón nas Bolsas de todo o mundo, logo do anuncio de Bush do seu ¿marabilloso? plan para combater a crise das hipotecas sub-prime. Supoño que os inversores máis destacados comprenden que cando un incompetente do calibre de Bush mete o nariz en economía, as cousas irán a peor. Pero a culpa da que cae EN TODO O MUNDO non é de ZP, senón da política económica i exterior do goberno Bush nestes últimos sete anos e do desenvolvemento de China. Ambos factores están a provocar que o petróleo valga dez veces o que valía cando Clinton rematou a presidencia dos EEUU; e aínda por riba, para evitar a inflación descontrolada, os bancos internacionais suben os intereses. Como poderás entender, todo isto non tén nada que ver có goberno de España e a xente penso que o entenderá. Non creo que a xente dude moito da xestión dun home tan capaz e traballador coma Pedro Solbes; que bastante fai con cadrar os presupostos todos os anos, poñer baixo control o precio da vivenda e manter, etodo isot mantendo a economía a un ritmo de crecemento sempre superior ao 3%. Non está mal.
Ademáis, o goberno non tén a culpa de que a xente (en xeral) sexa unha irresponsable, e se endebede ata as trancas aproveitando que os intereses están baixos (e crendo ignorantemente que van seguir así sempre ao longo de 50-60 anos) para comprar un cochiño para o seu fillo de 1º de carreira ou a motiño que lle ían comprar ao fillo de 14 anos "só se aprobas" e que finalmente acaban comprando aínda que o fillo repita curso. un goberno non pode loitar contra esas cousas.

31 Oscar

Aínda que se queres pensar tanto en clave local coma ti fas, sería bo que soupeses que aínda que o PP superou en votos ao PSOE, a extrapolación ás xerais daba 145 escanos ao PSOE e 144 ao PP; e que hai que remontarse ás eleccións municipais de 1991 (en pleno felipismo) para encontrar un Partido Socialista con tanto poder local coma agora. TRas aquelas eleccións o PSOE quedou gobernando 25 capitais de provincia, as mesmiñas que agora. E por aquel entón os de González tiñan maioría absoluta.

30 Oscar

bule, bule. Non dixen que Rajoy baixara 6 puntos en catro días, senón en medio ano.
"todas as enquisas o daban coma candidato gañador a medio ano antes das eleccións de 2004. E o 10 de Marzo (xusto antes do antentado, para que non se digan caralladas conspirativas) as máis optimistas dábanlle tres puntos de ventaxa. Nese tempo, en prácticamente tódalas enquisas o PP acumulou unha baixada de arredor de seis puntos."
O dos últimos catro días deixémolo aí. Vexo que ti, coma os do PP, cres que a xente é parva coma para que de súpeto, por un atentado "conspirado polos socialistas, os xuíces, a policía e a nai que os pariu a todos" ao PSOE lle aparezan 14 millóns de votos.
A xente estaba moi queimada cós do PP polo autoritarismo e o radicalismo de Aznar, a economía que non marchaba tan ben coma dicía, os socavóns do AVE a Lleida (para que logo lle protesten á Narbona) e a Guerra de Irak.
I eu non falo de enquisas provisionais, eu falo dos que serán os resultados. As campañas tradicionalmente aumentan o voto aos socialistas.
O de que en Andalucía PP e PSOE están moi igualadiños... xa. Xa lle gustaría a Javier Arenas. O PSOE non só non vai perder a maioría absoluta senón que a pode incluso ampliar.
O teu fallo á hora de facer porras é que pensas en clave local e municipal. en Catalunya nas xerais só o PSC ten máis votos que todos os nacionalistas xuntos, i en Galiza non creo que influía moito a xestión en Vigo dun alcalduchiño patético nunhas eleccións nas que se decide Zapatero ou Rajoy. Ademáis que xa me dirás ti de onde sacas os 3 escanos para o BNG. e para a túa información, no 2004 o PSOE conseguiu o 38% dos votos nas xerias, chegar ao 43% e subir cinco puntos en catro anos, non é unha tolería.

29 bule bule

Óscar ti segues a basar todo o que dis, nas eleccións do 2004 cando non se celebraron nunha atmósfera normal de eleccións propiamente dita. Ti mesmo recoñeces que perderon 6 puntos en 4 días. Iso non pasa en ningún lado en condicións normais. E que pasou neses 4 días?? Deixa que pense.....ah si..un atentado de radicais islámicos que matou a 192 persoas, e a cara desencaixada de Acebes botando balóns fora en tódalas las televisións. E Aznar e Rajoy (bueno, neste último é normal) desaparecidos.

A porra túa... Tódalas las enquisas din que están moi igualados. O PSOE, en calqueira enquisa que vexas, o poñen entre 160-165 deputados e o PP en torno os 150 deputados. Isto son os puntos de partida. O groso dos deputados, ¿onde están Óscar? En Madrid, Comunidad Valenciana, Catalunya e Andalucía. Catalunya non conta por que mais da metade dos votos non van nin para PP nin para o PSOE. En Andalucía (creo que son 60 deputados) basta unhas pequenas oscilacións para que un dos dous partidos gañe mais ou menos deputados e alí están moi parexos. E na Comunidade Valenciana e en Madrid xa se sabe a quen votan de maneira masiva. E aínda que me fastidie Óscar, en Navarra conseguen o 47 % dos votos, e en Baleares o 48 % (Datos das últimas eleccións municipais). O PSOE onde ten este tipo de apoios??Castilla-La Mancha e Extremadura??. E con iso...ti cres que chegará o 47%???

Mira Óscar, o bacallao, neste país xa está vendido. Salvo leves oscilacións (de feito, todo o mundo sabe que as campañas electorais, non serven para nada) o apoio a estes partidos ronda o 40 % para os dous. Dubido moitísimo que a diferenza entre eles pase de 3-4 puntos. E por suposto, nin de coña os 11 puntos que ti lles das. E mais coa que está caíndo. Recorda a frase: "É a economía, estúpido".
Queres a miña quiniela a nivel nacional?? PSOE 42-43 % (162 deputados)- PP 39-40% (153 deputados).
A nivel galego. PP e PSOE, empatados a 43 %...Esperemos que non, por que senon saerían demasiados deputados "caladiños" :D. E nos vendrían outra vez con frases do tipo "non vos preocupedes que nos van caer millóns. Os avós da Ministra de Fomento son de O Courel". Sen comentarios. :D Si...e o AVE no 2012.
Os resultados das últimas eleccións, mais ou menos creo que foron: PP 39 %, PSOE 30 % e BNG 20 %. Dime Óscar, canta xente votou a partidos "independentes" feitos de renegados do PP. Canta desta xente volverá ó redil do PP??. Ten en conta que o PP en Galicia vai a presenta-lo descastado de Rajoy como galego simpaticón. Iso, desgraciadamente vai tirar moito. E aínda por riba ti pretendes facerme crer que o PSOE en Galicia, en menos de 1 ano, vai subir 13 puntos??!! Que vai subir case un 50 % en intención de voto en menos de 1 ano?? Ti sabes o que é isto???

A miña quiniela para Galicia? Tendo en conta que un 6-7 % dos votos se van en blanco, nulos ou a partidos minoritarios...PP 44-45 % (11 deputados), PSOE 36 % (9 deputados), BNG 13 % (3 deputados).