Unha ducia de colectivos queren impedir no TSXG que se reavive a mineira de Touro

Están prsentados como condemandados polo proxecto que denegou a Xunta e que a empresa Cobre San Rafael pretende anular por vía xudicial.

Por Galicia Confidencial | Touro | 25/11/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Seis confrarías da ría de Arousa xunto con Ecoloxistas en Acción, a Federación Ecoloxistas Galega, Montescola e Tralapena comparecen no contencioso interposto por Cobre San Rafael no Tribunal Superior de Xustiza Galicia. A mineira de Touro non acepta a Declaración de Impacto Ambiental negativa e pretende reactivar o proxecto que tumbou a propia Xunta.

Segundo os ecoloxistas, a empresa pantalla de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas pretende reactivar a mina de Touro. Por iso, interpuxo unha demanda contra a resolución da Xunta que tumbaba o proxecto mineiro que presentara en 2017 e que conta cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa. "Deste xeito, pretende forzar pola vía xudicial un proxecto que a propia Xunta considerou ambiental inviable polas súas deficiencias e impactos potenciais no sistema fluvial do río Ulla e ría de Arousa", asegura.

A empresa mineira enfréntase no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non só a Xunta, máis a unha ducia de organizacións entre as que están as Cofradías de pescadores de Virxe do Carmen de Rianxo, a da Pastoriza de Vilanova de Arousa, a de San Antonio de Cambados, a de Pobra do Caramiñal, San Martiño do Grove e San Xulián da Illa de Arousa así como a Federación Ecoloxista Galega, a Federación Ecoloxistas en Acción Galiza, a Confederación Ecologistas en Acción, a Fundación Montecola e a Asociación Tralapena.

Os colectivos lamentan a insistencia da mineira por sacar adiante un proxecto que xa recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental negativa en febreiro de 2020, ao non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade da ZEC “Sistema fluvial Ulla-Deza”. "Fai un dobre-xogo da empresa, xa que por unha parte vende nos medios de comunicación e nas redes sociais un suposto novo proxecto mineiro (que non foi presentado en ningures), mentres que en realidade busca resucitar o proxecto xa chumbado", di Ecoloxistas en Acción nun comunicado.

A ducia de colectivos codemandados anuncian que movilizarán todos os recursos legais ao seu dispor para garantir o “non” definitivo ao proxecto, e non descartan levar a movilización de novo ás rúas no caso de que a mineira se atreva a presentar un novo proxecto. Denuncian ademais o "xogo suxo e presións constantes" da mineira, que desde a denegación do proxecto "ven tentando comprar a vontade dos colectivos opositores a través de patrocinios e desinformación sobre a realidade dunha mina que continúa contaminando as 24 horas do día".

Rolda de prensa de medio centenar de colectivos en contra do proxecto da mina de Touro-O Pino.
Rolda de prensa de medio centenar de colectivos en contra do proxecto da mina de Touro-O Pino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta