Sinalan a necesidade de reforzar o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña

O TSXG indica que sexa destinado á unidade, por un período inicial de seis meses, un xuíz ou xuíza con experiencia en violencia de xénero para que asuma a repartición dos novos procedementos.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/12/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), co obxectivo, indica, de reducir os procedementos en trámite e aliviar a carga de traballo do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña, solicitou ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que aprobe para o órgano unha comisión de servizo con relevación de funcións.

A medida demandada pola Sala de Goberno do alto tribunal galego consiste en que sexa destinado á unidade, por un período inicial de seis meses, un xuíz ou xuíza con experiencia en violencia de xénero para que asuma, a medias co maxistrado titular, a repartición dos novos procedementos, ademais de alternarse o servizo de garda.

O TSXG tivo en conta, á hora de solicitar a implementación desta iniciativa, un informe elaborado polo novo maxistrado titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña, Roberto Barba.

A Sala de Goberno tamén pediu ao Ministerio de Xustiza a designación dun letrado da Administración de Xustiza de reforzo e, á Xunta, o nomeamento de funcionarios en concreto, un xestor procesual, dous tramitadores e un auxilio xudicial.

Na última Sala de Goberno do TSXG, celebrada o pasado 25 de novembro, tamén se acordou solicitar para o Xulgado do Penal número 6 da Coruña, que axuiza os casos de violencia de xénero do partido xudicial que son competencia dun xulgado do penal, unha comisión de servizo, sen relevación de funcións, é dicir, exercida por un maxistrado ou maxistrada que exerza noutro órgano, non de forma exclusiva, por un período de seis meses.

O obxectivo desta medida, tamén pendente de aprobación por parte do CGPJ, é mellorar o funcionamento da unidade, "pois se se aproba o reforzo do Xulgado de Violencia sobre a Muller, previsiblemente aumentará o volume de asuntos que chegan ao Xulgado do Penal número 6 para o seu enjuiciamiento", indica o TSXG.

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta