Rueda sobre a campaña da Xunta: "Fíxose con toda a boa intención"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou este venres o compromiso do Goberno galego pola igualdade e contra a violencia de xénero e explicou que a campaña sobre esta materia que motivou críticas nas redes sociais foi feita "con toda a boa intención".

A preguntas dos medios nun acto en Santiago, Rueda reiterou que, cando arrincaron as críticas políticas a esta campaña "xa finalizara" e que, durante o tempo que permaneceu en vigor, estes mesmos representantes políticos "non dixeran nin unha palabra" respecto diso.

Do mesmo xeito, cargou contra as críticas da ministra de Igualdade, Irene Montero, que "considerou moitísimo máis prexudicial esta campaña que que un día si e outro tamén delincuentes sexuais estean a acurtar as súas penas" pola Lei do só si é si. "O que vimos esta semana explica ás claras as prioridades duns e doutros", engadiu.

Finalmente, Alfonso Rueda dixo "comprender as críticas" e as "interpretacións que se poidan facer", aínda que garantiu que a campaña "se fixo con toda a boa intención, tentando transmitir unha serie de mensaxes clarísimos", xa que a loita contra a violencia de xénero é un compromiso "claro" de "calquera Goberno con dous dedos de fronte".

Campaña Xunta 'Non debería pasar, pero pasa'
Campaña Xunta 'Non debería pasar, pero pasa' | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta