Buscan un home desaparecido en Lalín

Falta desde este pasado luns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A Asociación SOS Desaparecidos activou na mañá deste martes unha alerta pola desaparición dun home na localidade pontevedresa de Lalín.

Tal como informa dita organización, o home, Óscar G.O., falta desde este pasado luns. Ten 43 anos de idade, mide 1,80 metros e é de complexión delgada.

Entre outros datos característicos, ten o pelo canoso, os ollos castaños e a última vez que foi visto levaba un pantalón vaqueiro azul, unha camisa gris e unha cazadora azul mariña.

Por iso, SOS Desaparecidos puxo a disposición das persoas que teñan algún tipo de información sobre o paradoiro do home os teléfonos 642 650 775 e 649 952 957, ademais o correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.

Home desaparecido en Lalín
Home desaparecido en Lalín | Fonte: SOS DESAPARECIDOS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta