Ferido grave un peón tras ser atropelado por un turismo en Ourense

Ocorreu no punto quilométrico 3 da OU-402. Dous ciclistas golpeados por un coche na Laracha.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 06/12/2022 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Un peón resultou ferido grave na mañá deste martes tras ser atropelado por un turismo en Ourense, segundo aseguraron fontes da Garda Civil, que confirmaron que o suceso ocorreu no punto quilométrico 3 da OU-402.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Arquivo

En concreto, os feitos rexistráronse sobre as 11,40 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia, indicando que se produciu o atropelo dunha persoa, que se atopaba accesible.

Con estes datos, solicitouse a intervención dos servizos de urxencias sanitarias, que mobilizou un helicóptero medicalizado. Ademais, os xestores do 112 pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada.

ATROPELO DE DOUS CICLISTAS

Por outra banda, na Laracha, dous ciclistas necesitaron asistencia médica tras ser alcanzados por un coche. Foi no lugar do Toural sobre as 11,45 horas.

Varias persoas alertaron ao 112 Galicia dos feitos, polo que se solicitou a presenza de servizos de urxencias sanitarias, da Policía Local e da Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta