A Xunta pon en valor o futuro matadoiro móbil de Galicia previsto para principios do ano que vén

Esta iniciativa está orientada a dar servizo ás explotacións das zonas de montaña das provincias de Ourense e Lugo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2022 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse cos responsables da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) para explicar os trámites que se están ultimando para a posta en marcha do matadoiro móbil, prevista para o comezo de 2023.

Os responsables da organización mostraron "especial interese" polo transcurso desta iniciativa orientada a dar servizo ás explotacións das zonas de montaña das provincias de Ourense e Lugo. Deste xeito, favorecerase a comercialización das producións cárnicas nas localidades que se atopen máis afastadas dos matadoiros fixos.

Por outra banda, a asociación de criadores trasladou aos responsables da Xunta a idea de pór en marcha unha sala de despezamento que podería facilitar o mercadeo dos seus produtos, ao lograr unha homoxeneidade en tamaño, peso e condicións organolépticas.

José González informoulles das diferentes liñas de axudas ás que se poderían acoller para levar a cabo este proxecto e animoulles a continuar co seu labor a favor destas producións. "Galicia conta con moita superficie susceptible de ser aproveitada por este tipo de gandaría e coa Lei de Recuperación de terra agraria hai moitas posibilidades de facelo", sinalou o conselleiro.

Vacas. Gando bovino.
Vacas. Gando bovino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta