Maite Rojo, atleta, mariña e colaboradora do GC, inicia un novo reto. Percorrerá o Camiño Primitivo, 312 quilómetros, esta fin de semana dun tirón. Aínda que xa leva por diante numerosas probas coma esta, sempre hai un aquel de nervios antes do inicio. A corredora quere dedicarlle aos seus pais esta carreira pensando en visibilizar as dificultades que atravesan persoas con enfermidades raras e o tortuoso que pode ser para elas.
  comenta   0
A Xunta activa a alerta laranxa por choivas na Coruña e Pontevedra e amplía a alerta laranxa por vento á Mariña e á Montaña de Ourense.
  comenta   0
Despois de levar xa 6 anos realizando expedicións a grandes montañas, asegura que "a máis de 7.000 metros o mal de altura pode acabar contigo". Premiado pola Federación Galega de Montaña por ter coroado o Gasherbrum II (8.035 metros), reflexiona sobre a saturación turística nalgúns cumios e conta ao GC como logrou este reto.
  comenta   0
Segundo informou a Deputación de Lugo, que achegou 6.000 euros e levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, o prezo medio dos animais foi de 2.516 euros. O máis elevado ascendeu a 2.850 euros.
Unha fronte atlántica entra este martes e deixará choivas e baixada de temperaturas. Nevará en zonas altas de montaña.
  comenta   0
Máis de 200 riders daranse cita os días 27 e 28 de abril no monte Montemaior en Cabreiroá para competir na 'Copa de España DHI Pozo do Demo 2024'.
  comenta   0
Ao longo da xornada deste luns, o espesor de neve oscilou entre os 30 e os 110 centímetros, posibilitando a apertura dun total de 18 pistas. En total, foron case 14 os quilómetros esquiables.
  comenta   0
Aviso amarelo en Galicia por ventos e ondas no litoral atlántico e neve na montaña de Ourense.
  comenta   0
Máis de 10.500 agricultores e gandeiros de zonas de montaña e con limitacións naturais benefícianse de 18 millóns de axudas da PAC.
  comenta   0
Os municipios máis afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.