Piden á Xunta prohibir cazar durante o Nadal para "protexer á infancia das balas dos cazadores"

Din que a Asemblea Nacional de Francia debaterá un Proxecto de Lei similar rexistrado polo grupo parlamentario ecoloxista.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/12/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A asociación animalista Fundación Franz Weber pediu este luns un "exercicio de responsabilidade" por parte da Xunta de Galicia para adoptar a prohibición da caza durante as vacacións escolares de Nadal.

Esta petición, que busca "protexer á infancia e a adolescencia das balas dos cazadores", prodúcese despois de coñecerse que a Asemblea Nacional de Francia debaterá un Proxecto de Lei similar rexistrado polo grupo parlamentario ecoloxista.

Segundo explicou a Fundación Franz Weber nun comunicado, durante estes períodos "é habitual un incremento do turismo interior, estatal e do resto de Europa que aproveita para realizar actividades tamén ao aire libre, como poderían ser rutas de sendeirismo, aloxamento en establecementos rurais ou deportes variados relacionados coa Natureza".

Ademais, lembraron que "moitas familias renuncian a este tipo de lecer ao considerar que se pon en perigo durante as xornadas de caza". Por outra banda, os naturalistas aseguraron que as denuncias por aparición de cartuchos en carreiros son habituais en provincias como A Coruña, ante "a pasividade da administración".

Un cazador pertencente ao Coto de Cela pasea polo Tecor Santa Isabel en busca de caza menor
Un cazador pertencente ao Coto de Cela pasea polo Tecor Santa Isabel en busca de caza menor | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

VÍTIMAS DA CAZA

A Fundación Franz Weber tamén denunciou que, segundo datos da Garda Civil no período 2007-2020, reportáronse 59 incidentes relacionados con cazarías, que supuxeron polo menos 39 vítimas de diversa consideración, entre elas, 5 persoas faleceron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta