"Miña querida Sherezade" de Andrea Maceiras, en breve nas librerías

Maceiras é unha das escritoras máis galardonadas nos últimos tempos na literatura galega. O seu novo traballo para os rapaces é unha homenaxe á lectura.

Por GC Tendencias | A Coruña | 18/11/2014 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Miña querida Sherezade, 6.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil da escritora coruñesa Andrea Maceiras, é unha proposta da herculina Baía Editorial para lectoras e lectores a partir de 12 anos que se lanzará nos vindeiros días.

Andrea Maceiras, escritora
Andrea Maceiras, escritora | Fonte: sondenoso.blogspot

Andrea Maceiras é autora de varios éxitos da literatura infantil en galego, como Violeta tamurana e O segredo do lagarto arnal.  As historias d’As mil e unha noites son a base dun texto que xera repetidas e novidosas narracións por volta da ficción e doutras realidades literarias. Para a editorial a nova obra "acaba por ser unha exacta e plural homenaxe ao libro e á lectura". 

Andrea Maceiras Lafuente (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. No eido do relato curto obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre nas modalidades de narrativa e poesía, así como o segundo premio do X Certame Literario de Relatos Curtos ‘Os Viaductos’ do Concello de Redondela polo seu relato “Cando foi a última vez que pasou fame de verdade?”.

No 2010 queda finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia. Nese mesmo ano gaña o 4º Premio Meiga Moira coa súa obra “Violeta Tamurana” (Baía Edicións, 2010), que tamén queda finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011. Con “Nubes de evolución” (Xerais, 2013) quedou finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014. Con “Volverás, golfiño” (Xerais, 2014) quedou finalista do Premio Merlín, 2013.

Andrea Maceiras
Andrea Maceiras
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta