A compravenda de vivendas en Galicia cae un 1,7% en outubro, pese ao repunte a nivel estatal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia



A compravenda de vivendas en Galicia caeu un 1,7% durante o mes de outubro, en relación co mesmo mes de 2021, ata contabilizar 1.645 transaccións, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Estas cifras contrastan coas rexistradas a nivel estatal, xa que no total de España vendéronse 51.615 vivendas no décimo mes de 2022, un 11,4% máis que en outubro do ano pasado.

O total de leiras transmitidas inscritas nos rexistros galegos alcanzou as 8.045 unidades, un 10,4% menos, situándose como a terceira que máis baixa, só por detrás de Navarra (-17,2%) e de Castela-A Mancha (-11,6%).

En concreto, destas máis de 8.000 leiras transmitidas, 2.330 eran leiras rústicas, así como 3.163 eran vivendas; 167, solares, e 2.385, outras leiras urbanas.

Das 3.163 vivendas, 1.645 transmitíronse por compravenda; 28, por doazón; unha, por permuta; 763, por herdanza, e 726, doutras formas. Entre outros datos, das vivendas vendidas, 1.601 eran libres, así como 44 protexidas. Ademais, na súa maioría (1.263) eran vivendas usadas.

Compravenda de vivenda
Compravenda de vivenda | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta