Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 13:05
Os presidentes das tres federacións provinciais de confrarías de pescadores da Coruña, Lugo e Pontevedra renovaron os seus postos despois da celebración das terceiras eleccións unificadas da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
Daniel Formoso (patrón maior de Muros), na federación da Coruña, Basilio Otero (patrón maior de Burela), na de Lugo, e José Manuel Rosas (patrón maior de Bueu), na de Pontevedra, foron reelixidos para seguir á fronte destas federacións provinciais.
No proceso electoral foron elixidos tamén os vicepresidentes primeiro e segundo, así como os membros do comité executivo, que ocuparán estes postos durante o próximos catro anos.
Do mesmo xeito, designáronse o tres vocais de cada unha das federacións provinciais, que representarán a estas no comité Executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Esta xornada foi a segunda etapa do proceso electoral na federación tras os comicios, en primeiro lugar, dos órganos reitores de cada un das 63 confrarías de Galicia, o pasado 24 de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.