O Gordo do Nadal deixa 360 millóns de euros na Coruña e A Fonsagrada

Tocou tamén en Noia, O Porriño, Vigo e Poio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/12/2022 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O número 5.490, agraciado co Gordo, o primeiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 4.000.000 euros á serie, deixou unha choiva de millóns na Coruña e A Fonsagrada.

Dous nenos da residencia de San Ildefonso cantan un premio do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2022
Dous nenos da residencia de San Ildefonso cantan un premio do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2022 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

O número fíxose esperar, foi cantado ás 11.21 horas no segundo arame da táboa quinta e, por fin, encheu de sorte a Galicia, que até ese momento só recibira dous décimos dun quinto premio. En total, este número repartiu en Galicia 361.600.000 euros, principalmente na cidade da Coruña, onde a administración da Avenida de Barcelona vendeu 45 series --180 millóns de euros-- e na Fonsagrada, onde a administración número uno repartiu outros 180 millóns.

Ademais, vendeuse un décimo en Noia (A Coruña), outro no Porriño, outro en Poio e un en Vigo. Cada décimo está dotado con 400.000 euros.

O número foi cantado ás 11.21 horas no segundo arame da táboa quinta e foi vendido tamén noutras localidades galegas, como Noia, O Porriño, Vigo e Poio.

Este ano, a emisión consta de 180 series, oito máis que en anos anteriores cando había 172 series, de 100.000 números cada unha. Dita emisión ascende aos 3.600 millóns de euros, dos que se reparten un 70 por cento en premios, é dicir, que se repartirán 2.520 millóns de euros.

Entre os premios do sorteo destacan o coñecido como 'Gordo' de Nadal, de 4 millóns de euros á serie (400.000 euros ao décimo premiado); o segundo premio, de 1.250.000 euros á serie (125.000 ao décimo); ou o terceiro, de 500.000 euros á serie (50.000 ao décimo). Tamén se reparten dous cuartos premios, de 200.000 euros á serie (20.000 ao décimo) e o oito quintos, de 60.000 euros á serie (6.000 euros ao décimo).

NÚMERO

O 5.490, 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de Nadal 2022, áchase entre os números máis baixos da historia que foron agraciados co primeiro premio, fronte ao máis alto, o 86.148, que foi premiado o pasado ano 2021.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta