Prende lume nunha casa cunha muller dentro

O home xa foi detido.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/12/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A Policía Local de Poio informou da detención dun home tras producirse un incendio nunha vivenda no Camiño Real do Casal no que unha muller tivo que ser evacuada por inhalación de fume.

Segundo detallou a Policía, o lume iniciouse sobre as 20,20 horas deste sábado. Os axentes de garda desprazáronse ata a vivenda requiridos polo 112 Galicia xunto cos Bombeiros de Pontevedra, o GES de Sanxenxo, Protección Civil, Garda Civil e os servizos sanitarios.

Finalmente, unha muller tivo que ser evacuada por inhalación de fume e procedeuse á detención dun home mentres se investigan as causas do incendio.

Policía Local Poio.. POLICÍA LOCAL POIO
Policía Local Poio.. POLICÍA LOCAL POIO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta