Sanidade, autogoberno, feminismo e dereitos sociais: os eixos principais do BNG no 2023

Ollala Rodil fixo balance do traballo do partido na Cámara galega centrado na crise de prezos, "que aínda continúa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, debuxou este luns as liñas principais que seguirá o partido en 2023, ano marcado polas eleccións municipais, e entre as que destacou a defensa de servizos públicos como a sanidade, a necesidade de máis autogoberno e máis dereitos sociais.

Rodil insistiu durante unha rolda de prensa en Santiago en que o próximo período de sesións "seguirá sendo intenso e estará centrado nas eleccións municipais", que terán lugar no mes de maio. Así, apuntou que o BNG "continuará defendendo os servizos públicos, especialmente a sanidade, aínda que tamén outros como a educación".

Nesta liña, resaltou a necesidade de levar a cabo medidas para o impulso económico de Galicia, que debe ter a ciencia e a innovación "como motor do presente e o futuro". Tamén indicou que se precisa máis autogoberno para poder responder os retos con ferramenta políticas.

Ademais, a viceportavoz nacionalista subliñou a importancia de impulsar unha axenda feminista "para traballar nunha sociedade máis xusta, equitativa e democrática", así como unha axenda xuvenil "que contribúa ao reto demográfico". Tamén indicou o interese dunha axenda verde que "proporcione dereitos para o territorio fronte ao cambio climático".

BALANCE DO 2022

Doutra banda, Rodil fixo balance do traballo do BNG na Cámara galega centrado, en boa parte, na crise de prezos, "que aínda continúa", e pola que o partido reclamou, entre outras cousas, a recuperación da Tarxeta Básica ou a creación de novas ferramentas de loita contra a pobreza.

Así mesmo, destacou algunhas das medidas propostas como unha tarifa eléctrica galega e denunciou "a deterioración da sanidade pública galega e o colapso da atención primaria".

A viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, nunha rolda de prensa.. BNG
A viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, nunha rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta