Os representantes, afiliados e simpatizantes de coalición Galega queremos hoxe estar presentes no debate da organización territorial do estado porque temos unha ambición política e económica conducente a situar a Galicia no camiño da produtividade e xeración de emprego, para nos fortalecer como País, como economía e como sociedade.
  comenta   0
A día de hoxe Galicia non está a tomar parte nos debates económicos e políticos que se están a producir na sociedade. Non participa no debate do financiamento e menos aínda no da organización do territorio ou nos que se dan fora do ámbito español que son os que cada vez máis nos afectan.
  comenta   0
Na Comisión 4ª, de Educación e Cultura da Cámara autonómica, populares, nacionalistas e o deputado de Democracia Ourensana, Armando Ojea, votaron a favor desta proposición non de lei (PNL) ante a cal se abstivo o PSdeG.
  comenta   0
Cando foi das últimas eleccións autonómicas os políticos de Madrid desembarcaban aquí é predicábannos que “Galicia debe pensar en España”.
  comenta   0
O Goberno ten que trasladar os expedientes e Rueda non descarta cambios na Xunta pola nova competencia, pero apunta a "niveis inferiores"
  comenta   0
O acordo subscrito entre o PSC e ERC para facer posíbel a investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat abriu fortes polémicas no eido estritamente político e tamén nos ámbitos académicos e mediáticos.
  comenta   0
Xa transcorreu un ano dende os últimos comicios ao Parlamento galego.
  comenta   0
A formación reafirma as súas prioridades: vivenda, servizos públicos, "reconducir o espolio eólico" ou "rescatar o galego do abismo"
  comenta   0
Nas semanas anteriores á celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG todas as aparencias indicaban que estabamos diante dunha cita desprovista de tensións internas.
  comenta   0
Xa pasaron seis meses dende a obtención dunha nova maioría absoluta por parte do PP nas eleccións galegas. En condicións normais, este período de tempo non resultaría significativo á hora de tirar as primeiras conclusións sobre a situación derivada do resultado das urnas. Pero os precedentes que operan no caso galego (gobernos encabezados por Albor entre 1982 e 1987, por Fraga dende 1990 a 2005 e por Feijoo entre 2009 e 2022) inutilizan calquera hipotética alusión á "herdanza recibida" de cara a xulgar estes meses do executivo presidido por Alfonso Rueda. Os 43 anos de existencia do autogoberno galego poden ser catalogados como unha continuada hexemonía do PPdG só interrompida, brevemente, por dúas experiencias de gobernos de coalición (de 1987 a 1989 con PSdG, CG e PNG e de 2005 a 2009 co bipartito conformado polo PSdG e BNG).
  comenta   0
O resultado das eleccións ao Parlament de Cataluña do pasado 14 de Maio certificou un feito moi relevante: por primeira vez, dende hai mais dunha década, non existe unha maioría de escanos independentistas nesa institución representativa. Xa que logo, o cadro parlamentar derivado das urnas só podía ter dúas saídas: ou existía un acordo entre o PSC, os Comúns e algunha das formacións independentistas mais numerosas (Junts e ERC) ou era necesario acometer a repetición dos comicios no mes de Outubro.
  comenta   0
Nun intervalo de poucas semanas, cumpríronse catro e seis décadas, respectivamente, de dous acontecementos relevantes na historia do nacionalismo galego contemporáneo: o retorno dos restos de Castelao no mes de Xuño de 1984 e a fundación da Unión do Povo Galego (UPG) en Xullo de 1964.
  comenta   0
O resultado das eleccións xerais celebradas o 23 de Xullo do ano pasado permitiu conformar unha maioría parlamentar heteroxénea, sometida a un nivel de incerteza que alimentou notabelmente a sensación de inestabilidade na gobernabilidade do Estado.
  comenta   0
O debate sobre o financiamento das CC.AA. ten moitos anos de vida. Loxicamente, tantos como os que abranguen o tempo transcorrido dende a posta en marcha da actual estruturación territorial do Estado español, por mais que se poda constatar unha maior intensidade na controversia pública durante as últimas tres décadas.
  comenta   0
Publicado polo Parlamento de Galicia, supón o recoñecemento a unha persoa que "loitou para sacar adiante ese proxecto, pai da Galicia contemporánea", segundo subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
  comenta   0
Di que hai que afrontar outros elementos ademais da condonación da débeda, tales como medidas en materia de transporte ou plurlingüismo.
  comenta   0
O termo "histórico" é un dos que mais se utiliza na conversa pública. Até o punto de que, en moitas ocasións, perde o significado básico que debería proporcionar: describir un acontecemento pouco habitual na vida das sociedades ou das persoas. Tantos eventos son catalogados como históricos que, finalmente, ten lugar un efecto indesexado: a práctica banalización de semellante atributo.
  comenta   0
Despois de moitas especulacións e declaracións, xa sabemos a data dos comicios ao Parlamento galego. Certamente, o adianto dunha convocatoria electoral forma parte das normas e das prácticas vixentes en moitos sistemas democráticos. Xa que logo, non ten sentido focalizar a discusión na congruencia legal da decisión tomada por Alfonso Rueda senón noutras cuestións relevantes: os argumentos utilizados para explicar o adianto e as formas aplicadas na súa execución.
  comenta   0