O BNG reclama unha 'cota galega' e Sánchez aposta por una "acordo ambicioso" con Galicia

Di que hai que afrontar outros elementos ademais da condonación da débeda, tales como medidas en materia de transporte ou plurlingüismo.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/06/2024 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Néstor Rego, reclamou ao Goberno que Galicia recade o cento por cento dos impostos a través dun modelo de concerto como o que teñen País Vasco e Navarra e tamén pide Cataluña, ao que o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, replicou apostando por mellorar o financiamento "respectando a singularidade e garantindo a igualdade entre todos os cidadáns".

Durante a sesión de control ao Goberno no Senado, o deputado do BNG preguntou a Sánchez se está disposto a "impulsar o autogoberno de Galicia coa transferencia das competencias pendentes, a condonación de débeda e un sistema de financiamento xusto". Neste contexto, o BNG tamén se sumou á petición que leva realizando varios meses ERC de aplicar un sistema parecido ao concerto vasco e navarro no que os seus territorios poidan recadar o cento por cento dos impostos e achegar unha cantidade ao Estado mediante o cálculo da cota.

Ante isto, Sánchez defendeu unha mellora do financiamento autonómico, pero cre que se debe facer "respectando a singularidade e garantindo a igualdade entre todos os cidadáns, vivan onde vivan".

CONDONACIÓN DA DÉBEDA

Da mesma maneira, o deputado galego referiuse ao acordo de investidura entre a súa formación e o PSOE no que falaba de aplicar en Galicia a condonación da débeda que anteriormente foi pactada con ERC. Neste punto, Sánchez sostivo que o Goberno "está disposto" a impulsar o autogoberno en Galicia", á vez que pretende dar un trato análogo a outros territorios na condonación da débeda.

En canto ás transferencias a Galicia que tamén estaban recollidas no acordo co BNG, Sánchez dixo que corresponde á Xunta solicitar o traspaso de servizos e funcións: "Os traspasos non se impoñen, senón que se negocian a petición da comunidade". Iso si, lembrou que a Xunta si que solicitou xa o traspaso de ordenación e xestión do litoral, defendendo que o Goberno "reaccionou con celeridade" e comunicou a súa disposición a elaborar unha proposta de traspaso.

Por último, o xefe do Executivo proclamou que o pacto de investidura co BNG é un "acordo ambicioso", que aborda outros elementos ademais da condonación da débeda, tales como medidas en materia de transporte ou plurlingüismo.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

"MERCADEO"

Pola súa banda, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, acusou ao Goberno central de "mercadear" en materia de financiamento autonómico cos independentistas cataláns "a cambio de votos" para conseguir o seu respaldo de cara á investidura do candidato do PSC en Cataluña, Salvador Illa.

Fíxoo en resposta a unha pregunta da deputada do PPdeG Paula Prado nunha comparecencia no Parlamento galego. Na súa intervención na Cámara galega, o conselleiro demandou ao Goberno de "forma urxente" unha reunión para abordar esta cuestión. "O actual modelo non serve, é insuficiente, debe ser modificado nun marco dunha negociación consensuada e multilateral", dixo ao reclamar a presenza de todas as autonomías e rexeitar as negociacións con Cataluña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta