O BNG: "tras 13 anos de política lingüística, os nenos falan menos galego, menos inglés e máis español"

Alerta dos datos negativos do uso do galego e anuncia un pacto social "para reverter a situación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia



A portavoz de Lingua do BNG, Mercedes Queixas, expresou este mércores a preocupación da formación ante os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística relacionados co uso do galego.

A parlamentaria alertou do "retroceso" do uso do galego no ámbito familiar, laboral e social, "cedéndolle paso ao castelán" e anunciou ademais que o BNG presentará no próximo curso político, un 'Plan de Igualdade Lingüística non ensino', acompañado por un 'Pacto social polo Galego' para reverter a situación actual.

"Tras 13 anos de política lingüística do Partido popular, os nenos e niñan falan menos galego, menos inglés e máis castelán", advertiu.

Segundo relatan nun comunicado, a publicación dos datos do Censo 2021 do INE ofrecen "unha radiografía do presente e futuro da lingua galega atendendo ao seu coñecemento e uso". Neste sentido, apuntan que, por primeira vez, "o 28,2% dos menores de 20 anos recoñece que non fala nada en galego ou con moita dificultade; o 32,8% menores de 20 anos recoñecen non ser capaces de escribir en galego ou o fan con dificultade, só o 35% dos mozos menores de 20 anos utilizan o galego coas súas familias e só o 16% de menores de 20 anos tiveron o galego como lingua inicial".

A deputada do BNG Mercedes Queixas en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG
A deputada do BNG Mercedes Queixas en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. BNG | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta