O New York Times escolle 'O último día de Terranova', de Manuel Rivas, entre os 100 mellores libros do ano

Esta obra, que foi Premio da Crítica e Premio Gala do Libro Galego, foi traducida a múltiples idiomas e en 2022 chegou ás librarías estadounidenses a través da editora Archipelago Books, traducida do galego ao inglés por Jacob Rogers.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

'O último día de Terranova', do escritor galego Manuel Rivas, foi seleccionado entre os 100 mellores libros do ano para The New York Times. A novela foi publicada en galego en 2015 por Xerais.

Nunha reportaxe publicada polo xornal americano, a edición para Estado Unidos de 'The last days of Terranova' aparece xunto a outros 99 títulos que abarcan temas como a resistencia feminista ou os imperios da Idade Antiga.

Esta obra, que foi Premio da Crítica e Premio Gala do Libro Galego, foi traducida a múltiples idiomas e en 2022 chegou ás librarías estadounidenses a través da editora Archipelago Books, traducida do galego ao inglés por Jacob Rogers.

'O último día de Terranova' é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios, entrelazándose a serie negra, o humor de poética surrealista mesturado coa oralidad popular.

A crítica literaria estadounidense acolleu a obra con entusiasmo e destaca "as frases que arden de filosofía e de beleza ben traballada". Rivas foi condecorado recentemente coa Medalla ao Mérito en Belas Artes, que outorga o Consello de Ministros.

Arquivo - Manuel Rivas. SANTOS-DÍEZ - Arquivo
Arquivo - Manuel Rivas. SANTOS-DÍEZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

O talento e a honestidade é reconhecida. O compromisso de Rivas com a língua e cultura galega está nas suas raízes de ser filho do proletariado simbiótico.