Os cantos de Nadal e Reis, unha tradición galega en decadencia

Ao largo e ao longo do noso País, innumerábeis bandos, xugadas, cuadrillas, ou ranchos botaban semanas a ensaiar para andar os Reis de porta en porta, ao longo do que se chama o ciclo do Nadal, ou ciclo natalicio. Estas formacións preparaban con esmero as súas saídas, porque era unha forma de se facer ver, de facer comunidade (veciñanza) e de competir (iso, sempre), coas formacións das veciñas e veciños. A cuestión é que, até non hai tanto tempo, isto era algo ben habitual na Galiza.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia