Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 13:02
Esta semana chegará ás librarías galegas dous libros sobre Francisco Fernández del Riego, protagonista en 2023 do Día das Letras Galegas.
"Francisco Fernández del Riego, Vida e obra dun obreiro do galeguismo", de Ramón Nicolás e editada por Xerais, a maior editorial galega, é unha biografía divulgativa sobre homenaxeado no Día das Letra. Trátase dun libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX
Tamén a profesora Malores Villanueva repasa a traxectoria persoal, literaria e política de 'Don Paco', un polifacético autor "nacionalista de corazón e de razón" fiel aos seus ideais que se autodefinía como "un optimista radical". A biografía 'Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia' está editada por Galaxia e será presentada este martes na libraría Cartabón de Vigo coa presencia de Antón Vidal Andión, presidente de Editorial
Galaxia, e Francisco Domínguez, membro da Fundación Penzol, e a ausencia do director xeral desta editorial, Francisco Castro, críticado nos últimos tempos por boa parte do panorama cultural galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.