A estafa de investir en bitcoin a través de Instagram: roubanche a conta, fanse pasar por ti e captan novas vítimas

É fundamental incrementar a seguridade dos nosos contrasinais e non 'clickar' en enlaces que nos cheguen a través de usuarios descoñecidos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 14/01/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Mesmo co bitcoin en horas baixas hai quen saca proveito do descoñecemento de gran parte da sociedade sobre o tema das criptomonedas. Unha estafa que fai meses bloqueou os perfís de Instagram de varios usuarios por todo o mundo volve agora con máis forza. De novo, para evitala, o importante é incrementar a seguridade dos contrasinais (mesmo tirando da dobre verificación) e non 'clickar' en enlaces que nos cheguen a través de mensaxes directos de usuarios descoñecidos (por 'Direct').

Redes sociais, móbil, teléfonos e Internet... un cóctel explosivo
Redes sociais, móbil, teléfonos e Internet... un cóctel explosivo | Fonte: JCCM - Archivo

"ASUNTO: 5.000 euros en caixeiro automático o 7 de xaneiro de 2023". Esta notificación dun banco recoñecido como CaixaBank, no caso que nos ocupa, aparece na pantalla de teléfono dun usuario ao que coñecemos, seguimos e, mesmo, pode ser noso veciño, amigo ou familiar. Ademáis de saír a modo de captura de pantalla publicado no seu 'feed' de Instagram, tamén leva detrás unha fotografía da persoa, como se esta a tivese de fondo de bloqueo da pantalla do teléfono, para aportar máis veracidade ao engano.

Na descripción da imaxe pon: "Recentemente fixen unha inversión en liña. Fíxena con só 500 euros e obtiven un beneficio de 5.000 euros en só dúas horas. É 100 % seguro e lexítimo. Vai á señora coa que invertín para aprender máis sobre invertir", seguido do 'arroba' dun usuario con 12.500 seguidores na rede social que se adica ao mundo do fórex (mercado de divisas). 

Un día despois, unha nova publicación salta no muro da persoa: outra notificación bancaria na que se pode ler "ASUNTO: 10.500 euros en caixeiro automático o 8 de xaneiro". Novamente aparece unha imaxe a modo de captura de pantalla co mesmo fondo de bloqueo da vez anterior, na que sae a persoa real. Novamente na descripción pon: "Acabo de invertir por segunda vez en minería de bitcoin. Invirto 1.000 euros e recupero 10.500 na miña conta Bizum en tan só dúas horas. Se estás interesado só agrégaa (á usuaria anunciada)".

E ao seguinte día, a cousa xa vai un paso máis aló, cunha publicación dunha galería de imaxes nas que sae un coche (neste caso un Mercedes de cor gris). Na descripción da imaxe pon: "Felicidades a min! Acabo de mercar un novo coche. Estou moi agradecido pola minería de bitcoin. Todo grazas á minería de bitcoin. Pon mensaxe ao meu entrenador e dille que che recomendei que lle dixeras que tamén querías invertir".

Unha das mensaxes publicadas no perfil do usuario
Unha das mensaxes publicadas no perfil do usuario | Fonte: Instagram

Para unha persoa que coñeza de preto ao usuario do que se trata, probablemente resulte sinxelo darse de conta de que lle roubaron a conta, xa que esa persoa pode que non adoite subir fotos persoais, ou facer alarde dos cartos, ou ben, como é este o caso, nin tan sequera fale o idioma (neste caso o usuario era galegofalante e as publicacións estaban escritas en castelán). Con todo, a realidade é que para outros, aínda que sexa para unha minoría, podería ser tomado por verdade.

COUSAS QUE NOS FAN VER QUE É UNHA ESTAFA

- O nome do banco elixido: nun primeiro momento neste caso aparece unha notificación de Caixa Bank. Sen embargo, o logotipo está mal cortado e o nome escrito tamén está mal. Na segunda publicación xa sae outro banco diferente: Imagine. Algo raro que eses ingresos se den en dúas contas diferentes, non?

- A falta de concordancia entre as frases e a repetición continua de palabras: como se fosen mensaxes escritas por un neno de seis anos. Esto da a desconfiar que ou ben hai un 'bot' detrás, ou que as persoas reais que crearon a estafa non son españolas e, polo tanto, non coñecen ben o noso idioma e trábanse á hora de falar.

- Actualmente e por norma as retiradas de diñeiro en caixeiro están limitadas: neste caso, fálase de retiradas de 5.000 e 10.500 euros, moi por enriba dos mil permitidos.

- Idioma da pantalla de bloqueo do móbil: Nas publicacións deste usuario galego falante aparece nun primeiro momento a data do día en castelán, e logo na segunda publicación xa sae en inglés. 

- Palabras traducidas sen xeito: por exemplo, falando de bitcoin e dunha persoa que realiza inversións non se fala de 'entrenador', fálase de 'trader', tamén en castelán, sen que exista unha traducción como tal para o termo.

Unha das mensaxes publicadas no perfil do usuario
Unha das mensaxes publicadas no perfil do usuario | Fonte: Instagram
O coche supostamente comprado que sae na publicación no perfil do usuario
O coche supostamente comprado que sae na publicación no perfil do usuario | Fonte: Instagram
Captura dunha conversación falsificada entre o usuario e a suposta 'trader'
Captura dunha conversación falsificada entre o usuario e a suposta 'trader' | Fonte: Instagram
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta