Rueda avisa ao Goberno sobre a loita contra a violencia machista: "Non ten sentido demandala cando hai asasinatos; é necesaria sempre"

O presidente da Xunta asegurou que polo seu Executivo "non vai quedar" no que respecta a coordinarse co Goberno central para combater a violencia machista, pero advertiu que dita coordinación debe impulsarse "en todo momento" e "con todas as administracións".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que polo seu Executivo "non vai quedar" no que respecta a coordinarse co Goberno central para combater a violencia machista, pero advertiu que dita coordinación debe impulsarse "en todo momento" e "con todas as administracións".

"Non ten sentido demandala cando se producen asasinatos machistas e pensar que non é necesaria o resto do tempo. É necesaria sempre", remarcou, en declaracións aos medios en Santiago e en relación á reunión convocada polo Executivo estatal ante a alza de casos.

Así, advertiu de que a violencia machista "non é cuestión dun mes por desgraza, que oxalá", polo que esta coordinación debe impulsarse "en todo momento e con todas as administracións".

"Simplemente deixar esa mensaxe", reflexionou o presidente galego, quen, tras reivindicar que a Xunta ten e "exerce" as súas propias competencias con vías de atención e axudas para as vítimas da violencia machista, asegurou non ter intención algunha de "estar a discutir ou botarse as culpas uns a outros".

Rueda concluíu que, baixo o seu punto de vista, non conduce "a ningunha parte" actuar deste xeito, polo que apelou a "traballar" para continuar "mellorando e axudando ás vítimas", así como na vía de lograr "que non se produza este tipo de violencia que ten nos asasinatos a mulleres "a súa manifestación máis dura e máis tremenda".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta