Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2023 | Actualizada ás 18:34
A investigadora en robótica e catedrática da Universidade Carlos III de Madrid Concha Monge abordará a convivencia entre robots e humanos e os retos que nos expón na sede de Afundación na Coruña. Con ela, conclúe o ciclo 'AI: More than Human'.
Na súa intervención, Monge disertará sobre a influencia actual e futura da robótica no mundo. A intervención da enxeñeira, catedrática, e tamén xurado nos Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica, poderá seguirse, ademais, en directo a través de Afundación TV.
Concha Monge, tamén coñecida por ser unha das creadoras do humanoide TEO, con capacidade para realizar tarefas humanas, referirase a robótica humanoide, social e asistencial, á vez que abordará o impacto dos seus avances en múltiples sectores da sociedade.
A de Concha Monge será a quinta e última das conferencias do ciclo 'AI: More than Human', que Afundación, a Obra Social de Abanca, organizou na Coruña desde o pasado mes de decembro. O acceso á charla é libre, previa reserva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.