Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 13/01/2023 | Actualizada ás 14:02
Efectivos de Protección Civil de Ferrol rescataron este xoves unha foca ferida que foi localizada na Praia de Santa Comba e que se atopa xa na UCI de mamíferos de Nigrán.
Segundo informou o Concello de Ferrol, foi un particular o que deu aviso da presenza da foca ferida na praia na mañá deste xoves. Ata o lugar desprazáronse técnicos da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), que valoraron ao exemplar e recomendaron o seu traslado.
Para o operativo, Protección Civil empregou o novo vehículo de intervención 4x4 UTV que adquiriu recentemente o Concello de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.