O litoral galego estará en alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas costas da Coruña e de Lugo

Espéranse refachos de 100 km/h.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou para este domingo a alerta laranxa portemporal costeiro en todo o litoral galego e por vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña lucense.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), os dous fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel laranxa comezarán a última hora da tarde do domingo.

No que respecta ao temporal costeiro, espérase mar combinado do noroeste con ondas de ata oito metros en todo o litoral. O vento do oeste ou suroeste será de forza 8 ao norte de Finisterre, podendo alcanzar ocasionalmente forza 9.

En canto á alerta laranxa por vento, espéranse refachos de 100 km/h.

Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña
Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta