Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 19:28
Os alcaldes do cinco concellos que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino de 'Os Fogóns do Anllóns' -- A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana e Ponteceso-- e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, presentarán este mércores, na caseta de Turgalicia, esta iniciativa.
Estarán tamén o cociñeiro Marcos Seoane, do restaurante Río Sil, e a cociñeira Rocío Martínez, do restaurante Pementa Rosa (ambos de Carballo); a integrante da asociación Deportiva Downhill (BTT) da Laracha, María Rivera, e o presidente da asociación de veciños San Adrián de Verdes, José Rial.
Así mesmo, farano os empresarios José Manuel Iglesias e Lucía Calvo, da marca de produtos gourmet A Huerta D'Luxo de Coristanco, o ornitólogo José Luís Rabuñal e a presidenta da asociación de mariscadoras de Cabana, Inés García Fernández.
A cita, que terá lugar o mércores 18, ás 12,30 horas na caseta de Turgalicia, será a primeira das dúas presentacións institucionais coas que a Deputación da Coruña participará en Fitur, un dos principais escaparates mundiais do sector turístico.
Ademais de achegar unha representación social do territorio en formato vídeo, o acto incluirá as intervencións institucionais do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; da directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; do alcalde de Ponteceso e presidente da Comunidade Intermunicipal do Proxecto Anllóns, Xosé Lois García Carballido, e da cociñeira do restaurante Pementa Rosa de Carballo, Rocío Martínez.
A segunda presentación institucional terá lugar o xoves 19, ás 18,00 horas, e o protagonista será o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Os Bosques do Eume'. Tamén incluirá un vídeo promocional que recolle as potencialidades do cinco concellos participantes no proxecto -- As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela --, facendo fincapé na súa dimensión sustentable como recurso turístico.
No acto institucional intervirán o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; o tenente de alcalde de Cabanas, Iago Varela; a concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, e a concelleira de Turismo das Pontes, Elena López.
Todos os proxectos que o departamento provincial de Turismo impulsou nas diferentes convocatorias de Plans de Sustentabilidade do Ministerio foron aprobadas con éxito: Xeoparque Cabo Ortegal, Bosques do Eume, Fogóns do Anllóns e Vía Verde. Entre todos suman 6 millóns de euros de fondos europeos (1,5 millóns de euros cada un) e implican a un total de 22 concellos da provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.