Rueda afirma que "baixo ningún concepto" Galicia terá un protocolo antiabortista

Di que espera que no seu goberno "non haxa unha crise como na do goberno de Santiago".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo resolver este xoves a súa posición sobre a aplicación do protocolo antiabortista anunciado polo vicepresidente da Xunta de Castela e León, Juan García-Gallardo. "Non ten moito sentido da aplicación que non existe", sentenciou, antes de asegurar que Galicia "baixo ningún concepto" terá un documento similar.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Alfonso Rueda foi interpelado pola súa postura, inicialmente aliñada coas palabras do seu homólogo de Castela e León asegurando que o protocolo "respectaba os dereitos" das mulleres. Así, e tras acusar o Goberno central de "sobreactuación" sobre esta polémica, Rueda quixo resolver que "non se vai a aplicar absolutamente nada".

Desta maneira, concluíu que "non ten moito sentido falar da aplicación de algo que non existe" e asegurou que "baixo ningún concepto" esa norma da que se falou aplicarase na sanidade galega.

Carteis contra o aborto
Carteis contra o aborto | Fonte: Arquivo

SANTIAGO

Por outra banda, pronunciouse este xoves sobre a crise no Concello de Santiago, despois de que o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, tivese que dimitir polas irregularidades denunciadas no aluguer dunha nave a unha empresa ligada a el.

"Non me gustaría que se producise no meu goberno", manifestou, ao ser preguntado por esta cuestión, na que chamou a atención sobre que primeiro se negasen as acusacións e, posteriormente, acabase dimitindo en 48 horas o concelleiro implicado directamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta