Unha proposta de Nunca Máis

Igual de impactados que estamos nós por esta vaga infernal de incendios tamén o estades os centos de lectores que nos ledes diariamente. Hai quen xa fala de poñer en marcha un movemento, semellante a Nunca Máis, para loitar contra os incendios...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/08/2006

Comparte esta noticia

Dende Galicia Confidencial vemos que esta posibilidade ten os seus pros e contras. En contra, a inmediatez dos lumes, a sua imprevisibilidade e a distancia dos distintos focos; así como a falla dunha formación adecuada para facerlle fronte. A favor, artellar un corpo voluntario, mesmo en cada concello ou comarca, de xente disposta a botar unha man alí onde sexa necesario e onde non cheguen os medios.

En todo caso, a posta en marcha dun Nunca Máis contra os incendios tería que ter un tempo de incubación e artellarse lonxe de manipulacións partidistas. Quizais non se chegue a tempo agora, pero si para seguintes campañas. Agardamos as vosas aportacións, pero, por favor, sede constructivos e non vaiades ao insulto fácil. Estamos seguros que todos queremos unha Galicia verde. Un saúdo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA