Ecoloxistas e empresas, xuntos na defensa da ría da Arousa

Pídenlle ao presidente da Xunta de Galicia unha política de transparencia no que se refire á contaminación mariña. Critican que a contaminación está acabando co berberecho e coas macroalgas e denuncian a falla de controis sanitarios das especies importadas.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 13/12/2014 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

As confrarías de pescadores, as asociacións maioritarias do sector mexilloeiro e a plataforma ecoloxista PDRA uniron as súas forzas para loitar contra a deterioración dunha das rías máis importantes do mundo, a de Arousa, ante o “abandono” na que se atopa por parte das administracións.

Vista da Ría da Arousa
Vista da Ría da Arousa | Fonte: Turgalicia

A desaparición do berberecho, a diminución de macroalgas, o sistema "deficiente" de saneamento da EDAR, o uso "indiscriminado" de pesticidas, a falta de medidas para o control das cianobacterias dos encoros e a "ausencia" de control sanitario das especies importadas que se introducen na ría son algúns dos problemas que detectan.

Tamén a falta de circuítos pechados nas depuradoras de marisco ou a etiquetaxe "incompleta" das latas de conserva que non garante a trazabilidade indicando especie e orixe, o desprendemento do mexillón das cordas ou a presenza masiva de anemones.

"Estamos a ver unha deterioración progresiva da ría de cuxa viabilidade dependen os sectores produtivos", asegurou Xaquín Rubido, portavoz da PDRA aos medios. 

Por iso, nun manifesto que dirixen ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitan unha política de transparencia no que se refire á contaminación mariña e esixen coñecer o contido e as conclusións de todos os estudos e investigacións que obran en poder da administración desde 2002 tanto no referente ás patoloxías como á calidade das augas, os puntos de vertedura, o saneamento ou os efectos do quecemento global e das mareas vermellas.

As confrarías de Aguiño, Cabo de Cruz, Cambados, Carril, A Illa de Arousa, Vilanova e Vilaxoán e as asociacións de mexilloeiros de Cabo de Cruz, da Illa, Opmega, Aspromeri e Federación Arousa Norte, que representan ao 99% do sector produtivo, asinan o manifesto promovido pola PDRA que, tal e como explicou Rubido, "está aberto a novos apoios".

O obxectivo é unir forzas para facer presión de face a novas políticas medioambiantales. "O manifesto é un sinal de alarma colectiva de toda a ría á administración competente, que é a Xunta, tanto no aspecto da contaminación das augas como da tutela dos sectores produtivos", explica Rubido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arredemo

Está equivocada la noticia. No se llama ría de Arousa, sino ría de Arosa. Así como suena (bien, por supuesto)............................ Es un error (u horrror) muy normal en personas con baja formación y cultura, pero no por ser explicable está justificado. Es como lo de Sangenjo, Ginzo o Panjón, que no sólo escribe y pronuncia bien la gente normal, sino también los ilusistas, como Majolo.