O BNG esixe que comece de forma "inmediata" o concurso de transición xusta para adxudicar os nós das Pontes e Meirama

O Bloque lembra que o peche da central térmica de Endesa nas Pontes provocará unha "grave crise industrial" nas comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixe ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que comece de forma "inmediata e urxente" o concurso de transición xusta para a adxudicación dos nós de evacuación das Pontes e Meirama.

A través das iniciativas rexistradas na Cámara Baixa, tamén reclama que se convoque a mesa de transición xusta das Pontes, con participación de todos os integrantes, incluída a REE (hoxe en día Redeia), tal e como reclaman ao Miteco o resto de integrantes da mesa desde hai dous anos.

Ademais, o BNG solicitou a comparecencia da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, para que informe sobre o concurso e a adxudicación do nó para As Pontes e Meirama.

O Bloque lembra que o peche da central térmica de Endesa nas Pontes provocará unha "grave crise industrial" nas comarcas de Eume, Ferrol e Ortegal que, segundo un estudo da Universidade da Coruña, pode destrución ata 1.400 postos de traballo.

Ademais, indica que en xullo de 2022 a empresa REE, controlada polo Estado e que exerce de operador do sistema eléctrico, ademais de ser a propietaria dos nós de acceso á rede, informa a través da súa web que a capacidade dispoñible nas Pontes e, por tanto, susceptible de adxudicarse a través dun concurso de transición, é de cero megawatts.

"O anuncio de REE sobre a capacidade dispoñible nas Pontes borra calquera expectativa que legitimamente existise na localidade de manter ou promover unha industria relacionada coa xeración eléctrica", advirte o BNG.

Así, Rego esixe manter os 1.400 megawatts de evacuación de céntral das Pontes no nó de transición xusta para a realización do concurso de transición xusta co mesmo procedemento empregado para adxudicar o acceso ao nó da central Andorra-Teruel.

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: Raúl Lomba

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta