Gadisa abre 19 supermercados Claudio en plena crise

Foron abertos en 2022, en plena guerra de Ucraína, coa crise dos carburantes e a suba de prezo dos productos básicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/01/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O grupo GADISA retail abriu dezanove franquicias Claudio en 2022 chegando a ter así unha rede de 230 establecementos onde traballan máis de 950 persoas. Segundo GADISA, a implantación de supermercados Claudio busca a dinamización de áreas rurais e semiurbanas. Tamén busca dar un impulso a produtores locais e á comercialización dos seus produtos. A estes súmanlles os doutras marcas e o da marca propia IFA.

Claudio. GADIS
Claudio. GADIS

Os supermercados Claudio Express están localizados fundamentalmente en estacións de servizo cun amplo horario de atención ao público os sete días da semana. GADISA, como empresa de distribución no Noroeste Peninsular está presente, a través do seu modelo de negocio franquiado, en Galicia, Madrid, Asturias e Castela e León.

Nas mencionadas catro comunidades autónomas creceu en número de puntos de venda durante o 2022. Así, das 19 incorporacións á rede comercial, catro leváronse a cabo en Castela e León, dúas en Madrid e outras dúas en Asturias. As outras once aperturas foron en diferentes puntos de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta