As temperaturas seguen baixo cero en Ourense nun día en que se espera neve por encima de 900m

Tras unha xornada inestable, este venres será un día de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

As temperaturas recuperáronse en Ourense na madrugada deste xoves, pero aínda se mantiveron baixo cero na madrugada e primeiras horas desta xornada na que se espera o regreso da neve por encima de 900 metros de altura e as choivas xeneralizadas tras varios días de dominio anticiclónico.

Con todo, en zonas por baixo dos 900 metros, o mercurio descendeu ata os -3,5 graos en Verín; -3 graos en Baltar, e -2,2 graos en Xinzo de Limia e Viana do Bolo. A temperatura máis baixa rexistrouse na cabeza de Manzaneda, con 5,5 graos baixo cero. Tamén en zonas de montaña, o termómetro situouse en -5,3 graos na Veiga --estación de Xares-- e -4,4 --na estación de Corzos--; -4,7 en graos en Lardeira; e -3,5 graos en Pedrafita do Cebreiro.

Para este xoves, Meteogalicia avisa de nivel amarelo por vento do nordés no mar en toda a costa da Coruña e Pontevedra, entre as 15 e as 21 horas. Tras unha xornada inestable, este venres será un día de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica, de forma que haberá ceos con alternancia de nubes e claros, chuvascos máis probables no terzo norte e de neve por encima dos 800 metros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos e os ventos soprarán do nordeste, máis intensos pola tarde cando serán moderados en toda Galicia e aumentarán a sensación térmica de frío.

Un home pasea sobre unha lixeira capa de neve xunto á muralla romana de Lugo / Carlos Castro - Europa Press  / Europa Press
Un home pasea sobre unha lixeira capa de neve xunto á muralla romana de Lugo / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta