Formoso reclama a Rueda máis atención ao "futuro" da economía galega e non da súa candidatura no PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, di que "hai estilos na forma de facer política, a min nunca verán que me meta na vida interna dun partido".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou ao presidente galego, Alfonso Rueda, a que "se preocupe" polo "futuro" do tecido produtivo e os traballadores galegos en lugar de facelo por quen será o candidato do Partido Socialista nas próximas eleccións autonómicas.

O máximo responsable dos socialistas galegos respondeu este xoves nunha rolda de prensa celebrada en Santiago ás preguntas dos xornalistas sobre as palabras do tamén líder do PPdeG, quen, durante a sesión control do pasado mércores, deslizou comentarios sobre a situación interna do PSdeG ante un hipotético regreso á política de José Ramón Besteiro.

"Hai estilos na forma de facer política, a min nunca verán que me meta na vida interna dun partido", aseverou González Formoso, que lamentou que un presidente "fale da vida doutro partido" mentres "as cifras económicas son tan preocupantes".

"Paréceme unha irresponsabilidade que se preocupe do meu futuro persoal. Que non se preocupe do futuro de Valentín González Formoso, que se preocupe polo futuro dos traballadores e as empresas de Galicia", incidiu.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. / PSdeG / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa. / PSdeG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta