A Xunta pide aumentar en doce os servizos diarios de tren con Madrid, seis para Vigo e seis para A Coruña

Reclama ao Goberno central que informe sobre os novos trens avril que se están facendo e cantos deles serán destinados a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/01/2023 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle este xoves ao Goberno central "máis información" e "transparencia" en relación aos trens avril que poden ser destinados a Galicia. De feito, botou man dun estudo realizado pola Consellería de Infraestruturas para suliñar que Galicia precisa doce novos servizos diarios de tren con Madrid, seis desde Vigo e Seis desde a Coruña. Ademais, salientou que, para iso, son necesarios dous trens avril máis para a liña A coruña-Madrid e Vigo-Madrid.

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO - Europa Press

Rueda destacou que, neste estudo realizado pola Xunta, tamén se detectou a necesidade de substituír tres trens alvias por trens avril e os que quedan libres que se destinen a Lugo e Ferrol. Por iso, o presidente galego insistiu en saber como se atopa, actualmente, a chegada destes novos ferrocarriles a Galicia.

"Pedimos á ministra de Fomento que nos gustaría ver in situ estes trens e os que nos digan os que se van destinar en Galicia e concretar cantos van ser e se serán novos ou remodelados", dixo en alusión aos 30 trens avril novos que se están facendo. Rueda aludiu ao gran aumento de viaxeiros que experimentou o tren no último ano, cun aumento dun 72% de viaxeiros que elixiron este transporte para viaxar a Madrid, 1,8 millóns, fronte a 1,6 millóns que apostaron polo avión. 

DESCARRILAMENTOS

Por outra banda, o presidente galego tamén se referiu ao descarrilamento de dous trens na comarca do Deza en menos dunha semana. "Agardo que se fagan as tarefas de mantemento necesarias", dixo ao insistir en que iso depende do Goberno central. "Na caída do viaducto da A-6 seguimos sen saber as causas. Confío en que se fagan labores de mantemento xa que non son competencias nosas", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta